Xunta de Galicia

A Xunta destina 23M€ para mellorar o sector agrario galego

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica as resolucións das axudas convocadas o ano pasado para os investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandaría, a transformación integral e modernización de invernadoiros, os investimentos en eficiencia enerxética e a aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0

Óscar Gómez

Ourense | 21.02.2023 08:02

A Xunta destina 23M€ para mellorar o sector agrario galego
A Xunta destina 23M€ para mellorar o sector agrario galego | onda cero

Un total de 279 explotacións agrarias e gandeiras beneficiáronse destas achegas e recibiron un importe de preto de 23 millóns de euros. Cabe sinalar que estas axudas foron concibidas ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e están financiadas cos Fondos Next Generation.

Catro liñas de axudas diferenciadas

Esta convocatoria está estruturada en catro liñas de axuda, todas elas co fin común de mellorar a sostibilidade económica e ambiental. A primeira dedícase á mellora da xestión de estercos nas explotacións gandeiras dende o punto de vista medioambiental coa redución da emisión de gases de efecto invernadoiro, das achegas de nitratos agrarios dos acuíferos ou da contaminación das fontes e ríos pola escorredura de xurros. Mentres, a liña dedicada aos invernadoiros financia investimentos para a transformación integral e modernización dos invernadoiros existentes, co obxectivo de mellorar a competitividade e a sostibilidade dos cultivos de invernadoiro.

A terceira liña está dedicada á mellora da eficiencia enerxética e aos investimentos en enerxías renovables para mellorar a súa sostibilidade, mediante a redución do consumo de enerxía allea nas explotacións agrarias. Por último, a cuarta liña resérvase para os investimentos en agricultura e gandaría de precisión e en tecnoloxías 4.0, co obxectivo de mellorar a seguridade alimentaria.

Enlace ás resolucións no DOG:

Liña 1. Xestión de estercos: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230220/AnuncioG0426-090223-0004_gl.html

Liña 2. Invernadoiros:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230220/AnuncioG0426-090223-0004_gl.html

Liña 3. Eficiencia enerxética:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230220/AnuncioG0426-090223-0001_gl.html

Liña 4. Agricultura de precisión: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230220/AnuncioG0426-090223-0002_gl.html