Artesanía

A Xunta achega o oficio da xoiería aos nenos máis pequenos

O obxectivo do certame é animar os escolares de toda Galicia a introducirse no mundo do deseño de xoias e achegarse así a unha profesión de grande arraigamento na nosa Comunidade.

Óscar Gómez

Ourense | 29.04.2024 08:06

A Xunta achega o oficio da xoiería aos nenos máis pequenos
A Xunta achega o oficio da xoiería aos nenos máis pequenos | onda cero

Os escolares participantes -diferenciados en categorías por idades, de 0 a 4 anos, de 5 a 7, de 8 a 10 anos e de 11 a 12 anos- debuxaron a xoia que lles gustaría regalar a súa nai e que se fará realidade no caso das 12 propostas premiadas, grazas á colaboración de diferentes xoieiros profesionais galegos entre os que se atopan os obradoiros Fink Orfebres (Santiago de Compostela), Ardentia e Unión Joyera de Bergondo (Bergondo), Rosende Joyeros (Ferrol), Raúl Pesqueira Fariña (Marín) e Óscar Joyeros (Viveiro), que pertencen á marca Artesanía de Galicia. Así, os gañadores poderán entregarlle persoalmente ás súas nais as pezas que deseñaron para elas.

No acto estiveron presentes os 80 nenos e nenas finalistas xunto coas súas familias, procedentes das catro provincias galegas.

As 12 xoias únicas e exclusivas dos premiados na XII edición do certame Deseña unha xoia para a túa nai sumaranse ás 138 xoias fabricadas con anterioridade nas pasadas edicións, elaboradas por diferentes xoieiros colexiados de Galicia.