Ourense Provincia

O Servizo de Vías e Obras da Deputación atendeu 146 incidencias durante os temporais

Dentro da rede provincial, as zonas mais castigadas polos temporais foron as comarcas do Ribeiro, Carballiño, Celanova e Ourense, seguidas da Baixa Limia.

Óscar Gómez

Ourense | 15.11.2023 08:10

O Servizo de Vías e Obras da Deputación atendeu 146 incidencias durante os temporais
O Servizo de Vías e Obras da Deputación atendeu 146 incidencias durante os temporais | onda cero

O Servizo de Vías e Obras da Deputación de Ourense atendeu un total de 146 incidencias que afectaron á rede provincial durante os temporais da semana. O 85 % das intervencións estiveron relacionadas coa caída de árbores sobre a calzada, un 10 % con desprendementos de terra e rocas dos noiros lindeiros coas estradas e un 5 % con alagamentos nas estradas que provocaron as intensas precipitacións.

O 78 % das incidencias recibidas no centro operativo de comunicacións, situado nas instalacións do parque de maquinaria, foron trasladadas polo 112; un 20 % pola Garda Civil de Tráfico, e un 2 % por particulares.

Para facer fronte a estas incidencias, aos catro equipos de emerxencias que atenden a rede provincial de xeito habitual sumáronse cinco equipos adicionais, cada un dos cales formado por tres traballadores. Deste xeito, traballaron un total de 27 persoas por quendas para cubrir as 24 horas durante todas as xornadas de temporal. Ademais, foi necesario empregar ata unha decena de maquinaria pesada para o restablecemento da circulación ao trafico.