Biodiversidade

O proxecto BioNogueira recupera os os castiñeiros do monte da Moura

O subdelegado do Goberno subliña a necesidade de apostar na provincia de Ourense pola “defensa do medio rural e a recuperación de especies autóctonas, máis resistentes aos lumes”.

Onda Cero Ourense

Ourense |

O proxecto BioNogueira recupera os os castiñeiros do monte da Moura
O proxecto BioNogueira recupera os os castiñeiros do monte da Moura | Onda Cero

Eladio Santos, destacou o compromiso do Goberno de España coa recuperación dos castiñeiros do monte da Moura, en Nogueira de Ramuín, un proxecto que recibiu unha subvención de 2 millóns de euros, asignada polo Ministerio para a Transformación Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), a través da Fundación Biodiversidade.

Trátase dun proxecto de bioeconomía forestal do Concello de Nogueira de Ramuín, no que participan o Centro de Investigación Forestal de Lourizán e a Asociación de Mulleres Rurais Ecos de Moura, que forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) do Goberno de España, con fondos europeos NextGenerationEU.

Eladio Santos explicou que esta “innovadora iniciativa” se desenvolve de forma experimental no monte da Moura para tratar de recuperar os bosques de castiñeiros identificando o xenotipo das árbores co fin de realizar novas plantacións de castiñeiros resistentes ás pragas e ás modificacións do clima. “Con este proxecto, o Goberno amosa unha vez máis a súa defensa do medio rural e a recuperación de especies autóctonas, máis resistentes aos lumes”, indicou.

Neste sentido, o subdelegado remarcou a importancia de conservar e restaurar o ecosistema forestal, apostando por unha xestión baseada no coñecemento científico. “Un bosque ben conservado é un escudo fronte ao cambio climático, un motor para a fauna e a flora que forman a nosa riqueza natural”, sostivo.

Client Challenge

Santos sinalou que proxectos coma este axudan a fixar poboación no rural, “un obxectivo co que o Goberno de España está plenamente comprometido”. “Cando o sector forestal funciona con criterios de sustentabilidade, cando xera emprego digno e estable e cando impulsa a cadea de valor no territorio convértese nunha ferramenta poderosa fronte ao reto demográfico”, dixo.