Ourense

Juan Casares reelexido presidente do C.R.D.O Ribeiro

Juan Casares leva dirixindo este organismo dende 2017 e dende entón apostou polo camiño da calidade e profesionalidade en todo o que organiza.

Óscar Gómez

Ourense | 08.03.2023 09:01

Juan Casares reelexido presidente do C.R.D.O Ribeiro
Juan Casares reelexido presidente do C.R.D.O Ribeiro | onda cero

Juan M. Casares, licenciado en Veterinaria e en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) foi reelixido como presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe más antiga de Galicia, a D.O. Ribeiro.

Leva dirixindo este organismo dende 2017 e dende entón apostou polo camiño da calidade e profesionalidade en todo o que organiza. Asegura que seguirá á fronte con moita ilusión e sentido común para lograr que esta Denominación de Orixe continúe o ascenso cualitativo que emprendeu fai xa algúns anos e logre posicionarse no lugar que merece, como unha das enocomarcas de referencia a nivel galego e incluso nacional., todo elo froito do traballo conxunto e a responsabilidade.

Sinala que os tres grandes obxectivos para continuar o camiño nesta lexislatura serán: primeiramente o redimensionamiento da base territorial produtiva do Ribeiro, o segundo consiste na potenciación do Ribeiro como destino turístico de calidade e o terceiro será o de continuar coa revalorización do viticultor como figura clave e esencial en todo o tecido socioeconómico desta enocomarca.

O resultado da votación para a única candidatura presentada foi unanimidade dos presentes, resultando desta maneira reelixido Juan Manuel Casares Gándara presidente do C.R.D.O: Ribeiro. Así mesmo, someteuse a votación a candidatura de Concepción Iglesias como vicepresidenta, que tamén recibiu o voto unánime do pleno, polo que ocupará de novo a vicepresidencia.