Ourense Cidade

Jesús Vázquez: “Ourense non debe pasar da debilidade de Jácome á inestabilidade de Villarino”

“Jácome négase a asumir que representa un problema para Ourense, e o voceiro socialista négase a asumir que, neste camiño, está lonxe de ser unha solución para cidade”, di o presidente local dos populares

Óscar Gómez

Ourense | 20.10.2020 08:12

Jesus Vazquez, alcalde de ourense
Jesus Vazquez, alcalde de ourense | La Voz de Galicia

O presidente local do PP da cidade de Ourense, Jesús Vázquez, valorou hoxe o escrito de moción de censura remitido a los grupos por parte dos socialistas na cidade. O dirixente popular, que coñeceu inicialmente a proposta a través dos medios de comunicación (pese a que o PSOE pide o apoio dos populares no seu intento de obter á Alcaldía da terceira cidade de Galicia), lamentou “as formas e fondo” do escrito. As formas, porque carecen do máis mínimo respecto institucional. O fondo, porque só pretende facerse co bastón de mando sen pensar sequera que facer con el”, dixo. Ademais, Ourense non debe pasar da debilidade de Jácome á inestabilidade de Villarino, e nestes momentos teñen unha cousa en común: carecen dos apoios necesarios para desbloquear proxectos na cidade.

O PSOE debería estar máis centrado en convencer ao PP de Ourense de que ten un plan para mellorar a cidade, que en andar escribindo textos que filtrar aos medios de comunicación e que están abocados ao fracaso salvo que apareza unha vía de entendemento entre ambos partidos. “Xa sei que Villarino quere ser alcalde; o que non sei é para que quere selo”, apunta o concelleiro popular.

Jesús Vázquez apostou por fórmulas que garantan non só a investidura dun u outro político, senón que garantan un equipo de persoas capaz de tomar decisións, e iso pasar por un goberno de non menos de 14 votos. “A cidade non está para experimentos de ningún tipo, temos a urxencia e a obriga de acertar nas nosas decisións”, lembrou.

O dirixente popular aseverou que a porta dos populares para escoitar, negociar e pactar seguirá aberta na procura dun bo goberno para a cidade. Nese senso, recordou o exercicio de xenerosidade que representou a oferta do PP: Subscribir un acordo cos socialistas que fixera alcalde ao seu candidato e que garantira unha coalición dotada dos votos necesarios para facer realidade os proxectos que necesita a capital da provincia. Pero o que sería xenerosidade nesa dirección sería irresponsabilidade si perpetuaramos co noso voto o bloqueo ao que está sometida a cidade. Por iso, pedimos ao alcalde da cidade que reconsidere a súa estratexia de fuxir cara adiante, do mesmo xeito que pedimos ao portavoz socialista que entenda que a súa estratexia e os seus anhelos de poder son incompatibles coas necesidades da cidade.

“Unha moción de censura está para moito máis que para conseguir unha foto que colgar na casa”, dixo Vázquez. “Nós imos tomarnos en serio a nosa responsabilidade para solucionar a situación que vive o Concello, e pedimos que fagan o mesmo tanto Gonzalo Pérez Jácome como Rafael Villarino. Porque un négase a asumir que representa un problema para Ourense, e o outro négase a asumir que, neste camiño, está lonxe de ser unha solución para cidade”, conclúe Jesús Vázquez.