Ourense Cidade

Jácome asume o goberno da cidade malia as “traizóns” e as “deslealdades”

O rexedor dixo sentirse traizoado polos concelleiros do seu propio grupo político, pero tamén sente traizoada a lealdade que el mesmo mantiña ao pacto alcanzado co Partido Popular

Óscar Gómez

Ourense |

Jacome asume o goberno da cidade | La Voz de Galicia

O rexedor dixo sentirse traizoado polos concelleiros do seu propio grupo político, pero tamén sente traizoada a lealdade que el mesmo mantiña ao pacto alcanzado co Partido Popular para o goberno da cidade e da Deputación Provincial. Ao seu entender, houbo tres fases nesta ruptura: a do medo -cando o intimidaron cunha intervención inmediata-, á da presión -coa denuncia á Fiscalía e perante os medios, para que dimitise- e a do abandono ou soidade.

Pérez Jácome, que conta co apoio do concelleiro Armando Ojea, asume o mando e o goberno dunha cidade, afirmou, que prevé tramitar preto de 1.000 millóns de euros (en contratacións de adxudicacións coma a do transporte urbano, a auga ou a recollida de lixo, nos orzamentos ou remanentes) en minoría, chegando a pactos puntuais con todos os grupos.

En relación aos seus socios de goberno, Jácome asegura que “podemos garantir a estabilidade de Ourense, pero se o PP non apoia a alcaldía, tampouco apoiaremos nós na Deputación”, órgano no que acusa directamente a Miguel Caride de ser a chave da gobernabilidade.

Non podo ceder á chantaxe dos traidores”, rematou, e “non pararei ata transformar a cidade”.