Educación

Escolares de Ourense participan en «Plantando árbores con pinceis»

Unha innovadora iniciativa na que a Obra Social ABANCA implica á infancia e mocidade na concienciación sobre a importancia do coidado ambiental e a necesidade de adoptar actitudes en favor da sostibilidade.

Onda Cero Ourense

Ourense |

Escolares de Ourense participan en «Plantando árbores con pinceis»
Escolares de Ourense participan en «Plantando árbores con pinceis» | Afundación

Afundación levou o seu proxecto «Plantando árbores con pinceis» ao CEIP Curros Enríquez de Ourense, onde 125 rapaces e rapazas elaboraron un mural con pinturas fotocatalíticas anticontaminantes e decoraron tamén bolsas de tea con pinturas ecolóxicas. A iniciativa enmárcase no programa da Obra Social de ABANCA «Educación para a sustentabilidade», que obtivo en 2024 o premio nacional de Medio Ambiente de CECA.

En «Plantando árbores con pinceis» o alumnado aprende que o uso deste tipo de pigmentos é útil dado o seu poder de absorción dos gases contaminantes derivados do tráfico e das industrias, fomentando a creación de espazos escolares ecoloxicamente máis depurados grazas á implicación das mozas e mozos do centro. Unha innovadora proposta que ten como obxectivo achegar ao estudantado unha mensaxe positiva sobre o coidado da contorna, propoñendo alternativas de lecer que fomentan o respecto ao medio natural a través da arte, cunha metodoloxía participativa e colaborativa.

O proxecto consiste en coordinar ao estudantado participante para realizar un mural, con estas pinturas e con temáticas relacionadas co medio ambiente, na parede que designe o centro escolar. A actividade complétase con talleres de pintado de bolsas de tea nos que se traballará a temática ambiental desde un enfoque participativo, o que facilita a toma de conciencia sobre a importancia de coidar da natureza.

Como novidade nesta edición incorpórase un taller de estampaxe no que o alumnado participante realizará un modelo relacionado co coidado do medioambiente que posteriormente se estampará en distintas localizacións de cada centro. Ademais, Afundación incorporará tamén un modelo deseñado en torno ao movemento internacional «O mar empeza aquí», ao que se sumou a entidade co obxectivo de visibilizar que os residuos que lanzamos na rúa ou directamente na rede de sumidoiros poden acabar no mar.

Client Challenge

Desde que se iniciou o proxecto en 2021 e, unha vez finalice esta quinta edición, máis de 19000 escolares e docentes pintarían máis de 200 murais en centros educativos de toda Galicia.