Entroido Verin

Eladio Santos coordina aos distintos corpos de seguridade no dispositivo especial do Entroido de Verín

O subdelegado do Goberno anima á cidadanía a desfrutar dos días de festexos “con responsabilidade e cumprindo as normas” para garantir a normalidade nas celebracións.

Onda Cero Ourense

Ourense |

Eladio Santos coordina aos distintos corpos de seguridade no dispositivo especial do Entroido de Verín
Eladio Santos coordina aos distintos corpos de seguridade no dispositivo especial do Entroido de Verín | Onda Cero Ourense

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, coordinou aos distintos corpos de seguridade implicados no dispositivo especial do Entroido 2026 de Verín. “A Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil están organizados nun plan de especial eficacia para lograr un ano máis unhas festas seguras e divertidas”, explicou.

Na Casa do Concello de Verín, Eladio Santos, e o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, copresidiron a Xunta Local de Seguridade ordinaria na que se analizou a situación da seguridade cidadá no municipio, os casos de violencia de xénero e o Plan Director para a Convivencia nos centros educativos, ademais de abordarse a coordinación do dispositivo de seguridade para as vindeiras celebracións do Entroido. Tamén participaron na reunión a xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, Alida Iglesias, e representantes da Xunta, da Garda Civil, da Policía Local e de Protección Civil.

Tras analizar o dispositivo de seguridade do Entroido, o subdelegado animou á cidadanía a desfrutar dos días de festexos “con responsabilidade e cumprindo as normas” para garantir a normalidade nas celebracións. “O dispositivo está preparado e planificado para garantir o correcto desenvolvemento da programación, pero pedimos, como sempre, a colaboración cidadá”, expresou.

Client Challenge

Respecto á seguridade cidadá, a Garda Civil repasou os datos de criminalidade correspondentes ao ano pasado, nos que se observa unha baixada do número de delitos superior ao 7% no municipio, respecto ao 2024. Tamén destaca o aumento do índice de esclarecemento en 2025, xa que subiu máis de 10 puntos porcentuais en comparación co ano previo. É salientable a diminución das infraccións penais contra o patrimonio e contra as persoas.