Ourense Cidade

Doce empresas prensentan as súas ofertas para as obras de mellora da Rúa Marcelo Macías

Esta actuación dispón dun prazo de execución de 12 meses e o obxectivo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é poder iniciala a finais de verán

Óscar Gómez

Ourense | 13.05.2020 08:55

Obras de reformas en Marcelo Macías
Obras de reformas en Marcelo Macías | La Voz de Galicia

Un total de doce empresas veñen de presentar as súas ofertas para executar as obras de acondicionamento da rúa Marcelo Macías, cun investimento de máis de 1,7 millóns de euros.

Esta actuación dispón dun prazo de execución de 12 meses e o obxectivo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é poder iniciar as obras a finais de verán.

Os traballos na rúa Marcelo Macías consistirán na renovación do firme e dos servizos, así como na mellora das beirarrúas ao longo de 1,3 km.

A intervención aproveitarase para facer labores de mantemento no viaduto sobre o río Barbaña, que se dotará de iluminación singular e traballarase na accesibilidade peonil. Tamén, no referente aos servizos, renovaranse as redes de abastecemento, saneamento e alumeado.

A actuación tamén inclúe o reforzo da seguridade viaria con pasos de peóns con iluminación específica.

Todas estas renovacións de servizos supoñen un incremento do custo de proxecto inicial, polo que se fixo necesario un compromiso de cofinanciamento do 30% por parte do Concello de Ourense nesta actuación.