Ourense Provincia

A Deputación de ourense incorpora unha nova máquina para o mantemento e reparación de camiños

Cabe destacar que esta máquina emprégase nos traballos de mantemento e a reparación de camiños, un dos servizos máis demandados ao parque de maquinaria da Deputación.

Óscar Gómez

Ourense | 22.04.2024 08:11

A Deputación de ourense incorpora unha nova máquina para o mantemento e reparación de camiños
A Deputación de ourense incorpora unha nova máquina para o mantemento e reparación de camiños | onda cero

A Deputación de Ourense continúa a reforzar o seu parque de maquinaria coa adquisición dunha nova máquina compactadora que permitirá mellorar a cooperación cos concellos. A incorporación desta nova máquina vén a mitigar a carga de traballo do actual compactador, que data do ano 1985 e conta cun elevado número de horas de traballo.

A nova máquina, que supuxo un investimento de 136.125 euros, vai a permitir mellorar a calidade dos servizos que a Deputación presta aos concellos da provincia en materia de cooperación mediante a cesión de maquinaria con operador, así como a posta a disposición das brigadas de obras da Área de Infraestruturas encargada do mantemento da rede viaria provincial.

Barreiras de seguridade viaria

Por outra banda, a Deputación vén de sacar a licitación, por un importe de 410.400 euros, o servizo para complementar o traballo das brigadas de conservación, para a reparación ou reposición puntal das barreiras de seguridade na rede viaria provincial que se atopen deterioradas.

A función principal dos sistemas de contención é mitigar as consecuencias dun accidente por saída de vía, facéndoo máis predicible e menos grave. Por elo, a implantación, conservación e reposición dos mesmos é unha actuación necesaria para garantir aos usuarios unha circulación segura pola estrada.