Ourense Provincia

A deputacion de ourense colabora con Cruz Vermella

Manuel Baltar destaca a importancia da cooperación con Cruz Vermella, cunha nova achega “encamiñada á mellora do servizo á poboación realizada por esta organización referente no ámbito nacional e internacional”.

Óscar Gómez

Ourense | 29.11.2022 08:43

A deputacion de ourense colabora con Cruz Vermella
A deputacion de ourense colabora con Cruz Vermella | onda cero

Nesta “estreita liña de cooperación”, Manuel Baltar avanza unha achega de 50.000 euros para “actuacións encamiñadas á mellora do servizo á poboación realizado por esta organización referente no ámbito nacional e internacional”, destacando o amplísimo programa de actividades que a Cruz Vermella desenvolve en Ourense, con especial atención ás persoais maiores, a poboación inmigrante, persoas en risco de exclusión social ou a atención aos refuxiados.

“A Deputación é a mellor compañeira de todo o tecido asociativo de Ourense, un ecosistema no que a Cruz Vermella ocupa un lugar preferencial polo seu excelente traballo diario”, resalta Manuel Baltar antes de destacar que “este goberno provincial seguirá con esta política próxima, de coñecemento das súas actividades e de recoñecemento da labor que realiza a Cruz Vermella”.

Pola súa parte, Felipe Ferreiro valora a “excelente relación” existente entre Deputación e Cruz Vermella, reforzada con dúas reunións anuais para estudar novas liñas de colaboración, e destaca as repercusións da planificación da administración provincial: “Grazas á rapidez coa que aproban os orzamentos cada ano, temos marxe para plantexar todas as necesidades da Cruz Vermella Ourense”.

Ferreiro tamén agradece a Manuel Baltar a “sensibilidade que sempre ten pola Cruz Vermella de Ourense”, sinalando que “podemos contar con el ante calquera dificultade”.