Ourense Cidade

O Concello retira a estatua dos Ramóns para súa reparación

A estatua volverase emprazar no centro da praza sobre unha peaña de aceiro corten que conterá un chanzo máis dos que ten na actualidade.

Óscar Gómez

Ourense | 26.04.2023 08:09

O Concello retira a estatua dos Ramóns
O Concello retira a estatua dos Ramóns | Ourense.gal

O Concello de Ourense retirou a estatua dos Ramóns, na confluencia das rúas Valle Inclán e Ramón Cabanillas, para a súa restauración, logo de detectar deterioro na súa base. Aproveitando a humanización da contorna, a obra de Ramón Conde será enviada a un taller de Madrid para a súa limpeza e para un tratamento anticorrosivo, e volverá ao seu emprazamento, no centro da praza, con dous metros de distancia respecto ao seu lugar orixinal para que quede en consonancia coa remodelación da rúa. Ademais, contará cunha nova peaña de aceiro corten -en vez de pedra- e cun chanzo máis.