Ourense Cidade

O Concello reforzará o servizo de Bombeiros cun novo furgón

Será un vehículo tipo furgón, que de destinará a varios tipos de tarefas e actividades e un remolque con material NRBQ para intervención en accidentes

Óscar Gómez

Ourense |

O Concello reforzará o servizo de Bombeiros cun novo furgón | onda cero

O Concello de Ourense adquirirá un novo vehículo para reforzar o servizo municipal de Extinción de Incendios e Salvamento. A xunta de goberno local aprobou na súa xuntanza desta mañá o expediente de contratación para a subministración deste vehículo, ao que destinará un investimento de 186.295 euros. Segundo se concreta no expediente, será un vehículo tipo furgón, que de destinará a varios tipos de tarefas e actividades e un remolque con material NRBQ para intervención en accidentes con mercadorías perigosas con risco nuclear, radiolóxico, bacteriolóxico e químico.

Con esta adquisición, o goberno municipal pretende avanzar na dotación ao servizo de bombeiros municipal dos medios axeitados para cumprir as súas funcións, neste caso incorporando un vehículo furgón equipado coas ferramentas apropiadas e suficiente espazo libre para o transporte de material de apoio ás intervencións.