Infraestructuras

Comenzan os traballos da estación intermodal en Carballiño

O obxectivo é executar unha parada para as liñas de autobús interurbano de uso regular na parcela situada na explanada frontal da estación de ferrocarril, na avenida O Vinte e Cinco de Xullo.

Óscar Gómez

Ourense | 08.02.2023 10:04

Comenzan os traballos da estación intermodal en Carballiño
Comenzan os traballos da estación intermodal en Carballiño | onda cero

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de comezar as obras para a execución dunha parada de autobús intermodal na estación de ferrocarril do Carballiño, cun investimento de preto de 170.000 euros.

O obxectivo é executar unha parada exclusiva para as liñas interurbanas de autobús de uso regular na parcela situada na explanada frontal da estación de ferrocarril, localizada na avenida O Vinte e Cinco de Xullo, co fin de favorecer a intemodalidade entre os dous medios de transporte. As obras, cun prazo de execución de 5 meses, consisten na instalación dunha parada de autobuses, configurada como illa, entre a citada avenida, a dársena de aparcamento da estación ferroviaria e os accesos á mesma.

Na intervención inclúese a incorporación dunha zona axardinada, mobiliario urbano e unha marquesiña a ambos os lados, xerando así dúas zonas de parada: a primeira en dirección de acceso á vila sobre a propia avenida; e a segunda, na marxe oposta do núcleo da parada para os autobuses que saen do municipio.

Ademais, o refuxio protexerá os usuarios do transporte público das inclemencias meteorolóxicas. Esta actuación reforzará a comunicación entre a estación ferroviaria e o transporte interurbano por autobús no concello do Carballiño. A intervención enmárcase nun convenio de colaboración polo que a Xunta achegará o financiamento e executará as obras, mentres o Concello do Carballiño pon á disposición os terreos necesarios e asume o mantemento da infraestrutura ao seu remate.

A actuación é financiada no marco do Eixe REACT-UE do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión Europea á pandemia de covid-19.