Manuel Pardoexplicou estas achegas teñen como finalidade incrementar a competitividade das explotacións vitícolas, adaptar o cultivo do viñedo ao cambio climático e facelo ambientalmente máis sustentable. Neste sentido, con estas axudas, tamén búscase perfeccionar o cultivo da vide en Galicia para reducir custos e orientarse mellor aos diferentes mercados, potenciando o grao de profesionalización cos conseguintes beneficios económicos para este tipo de explotacións, ao tempo que se promove a remuda xeracional.
Manuel Pardo aproveitou a súa estadía nesta adega, pertencente á DO Monterrei, para lembrar a publicación no Diario Oficial de Galicia da nova orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas deste ano á reestruturación e reconversión da viña en Galicia, que contan cun orzamento de 4 millóns de euros para os exercicios de 2025, 2026 e 2027 e cuxo prazo de solicitude está aberto.
O representante do Goberno galego subliñou que serán subvencionables as actuacións relacionadas coa replantación con ou sen sistema de condución, a reconversión de viñedos por cambios de variedade, a mellora de técnicas de xestión e a replantación de viñedos cando sexa necesario tras o arrinque obrigatorio por motivos sanitarios ou fitosanitarios por orde da autoridade competente.