Concello de Allariz

Allariz entre os premiados de “Cidades e Pobos que alimentan”

Allariz, xunto coas cidades de Valencia, Valladolid e Granollers e Eo Alimentan reciben os premios “Cidades e Pobos que Alimentan”.

Óscar Gómez

Ourense | 10.10.2022 09:16

Allariz entre os premiados de “Cidades e Pobos que alimentan”
Allariz entre os premiados de “Cidades e Pobos que alimentan” | onda cero

A primeira edición de premios a proxectos alimentarios locais celébrase no encontro estatal da Rede pola Agroecoloxía en Castelló da Plana. Á entrega de premios asistiron representantes dos ministerios de Consumo e Axenda 2030, a alcaldesa de Castelló e concelleiras de consistorios de todo o territorio.

A Rede de Municipios pola Agroecoloxía outorgou o premio ‘Cidades e pobos que alimentan 2022’ ao mellor proxecto desenvolvido por un pequeno municipio ao Mercado da Reserva promovido dende o Concello de de Allariz, por traballar para a visualización dos proxectos agroecolóxicos da zona e lograr un proxecto participado para as persoas labregas, así como pola súa consolidación como espazo de intercambio e xeración de relacións despois de dez anos de traxectoria.

A entrega dos premios “Cidades e Pobos que Alimentan” celebrouse en Castelló da Plana, no encontro anual da Rede de Municipios pola Agroecoloxía, onde participaron máis dunha vintena de consistorios de todo o territorio xunto a organizacións sociais dedicadas á promoción da agroecoloxía. Esta primeira edición de premios pola agroecoloxía, única en todo territorio, serviu para visualizar as mellores prácticas por unha alimentación sostible, empezando por Allariz,Valencia, Granollers, Valladolid e Eo Alimenta.

Rosabel Tavera, xornalista da axencia EFE, conduciu o evento no que participaron a Alcaldesa de Castelló, Amparo Marco Gual, un representante do Comisionado para o Reto Demográfico do Goberno do Principado de Asturias, Jaime Izquierdo Vallina, o Director Xeral de Políticas Panca para o cumprimento da Axenda 2030, Gabriel Castiñeiras Hernández,, María Carrascosa, parte da Secretaría Técnica da Rede, substituíndo ao representante do Ministerio de Consumo e Vanessa Millán, Concelleira de Transición Ecolóxica do Concello de Rivas. Vicepresidenta da Rede de Municipios pola Agroecología.