Rallycross en Montalegre
Montalegre volve á maior competición do mundo de Rallycross
Ourense acolleu hoxe a presentación da proba portuguesa do Campionato do Mundo FIA de Rallycross que se disputará os días 16 e 17 de outubro.
O presidente do Inorde agradeceu a Montalegre que, unha vez máis, escolleran “a nosa provincia para presentar esta proba de proxección internacional nun territorio como o noso onde existe tanta afección ao automobilismo” e destacou a “alianza estratéxica” que existe entre ambos territorios.










