Esmorga, a cervexa da UD Ourense

A UD Ourense vaise de Esmorga

A Unión Deportiva Ourense presentou un novo patrocinador para esta temporada, Cervexa Esmorga

Onda Cero Ourense

Ourense | 09.10.2021 08:56

A UD Ourense vaise de Esmorga
A UD Ourense vaise de Esmorga | Cervexa Esmorga

A UD Ourense escolleu unha noite de venres para presentar o seu novo patrocinador, Cervexa Esmorga, e fixoo nun lugar onde a cervexa acostuma a ser a protagonista, o Bar Daypa.

Na presentación da edición especial da Cervexa Esmorga adicada a UD Ourense estiveron os membros da primeira plantilla vermella que por certo terán as súas cervexas personalizadas con nome e número.

Edición especial de Cervexa Esmorga adicada a UD Ourense

A cervexa Esmorga prodúcese na cidade das Burgas e quere ser para sempre a cervexa de Ourense. Desa filosofía de raigame con Ourense nace a vinculación de "Esmorga" coa Unión Deportiva Ourense para a que crearon unha edición especial da súa cervexa loira.

Porque os días de fútbol tamén son días de Esmorga

Ademáis da cervexa Esmorga co nome dos integrantes do primeiro equipo o seguinte reto e creala co dos seareiros.