Concello de Ourense

Mellora no espazo de xogos do parque infantil de Santa Teresita

Os traballos centraranse nesta fase na reparación do chan de caucho da área de xogos, que sumará mais de 600 novos metros cadrados de chan continuo absorbente a impacto. En conxunto, investiranse 48.356,25 euros.

Estes traballos forman parte das actuacións que leva a cabo a Concellería de Medio Ambiente dentro do plan de mellora dos parques infantís da cidade de Ourense.

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, lembra que esta acción “dálle resposta a unha demanda amplamente solicitada pola veciñanza do barrio, e continuamos a traballar para ir avanzando na mellora de máis zonas infantís por toda a cidade e o seu perímetro rural”.

Con Jesús Alvarez

Más de Uno Ourense 08:20 04/11/2021

Te resumimos las noticias del día con Jesús Alvarez, junto a la información del tiempo, el tráfico y los titulares de prensa del día.

Deportes

A Xunta dota o Concello de San Cibrao da Viñas dun espazo de Workout

Lete Lasa destacou a importancia deste espazo workout ante o gran crecemento que están a ter os deportes urbanos e asegurou que ademais do basket 3x3, o skate ou o breaking dance, cada día son máis os rapaces e rapazas que practican calistenia nas rúas e nos parques.

A Secretaría Xeral para o Deporte afianza así o seu compromiso coas infraestruturas deportivas. Dos 32.474.216 euros cos que conta en 2021 (un 28,5% máis que en 2020), 9,15 millóns serán destinados a obras de creación e reforma de infraestrutura deportiva, un 118% máis que en 2020 cando se destinou ao mesmo obxecto 4,2 millóns de euros.

Concello de Ourense

O Concello inicia traballos de mellora na rúa Xoán XXIII

Os labores de reposición das xuntas de dilatación obrigan a reordenar o tráfico: pasarase de catro carrís, dous en cada sentido, a unicamente dous no tramo comprendido entre as rúas Progreso e Concello. As paradas de autobús desprazaranse uns metros mentres duren os labores, que no afectarán ao normal desenvolvemento dos servizos.