Día Internacional dos bosques

A Xunta conmemora o día internacional dos bosques con plantacións de especies autóctonas

As especies escollidas para as forestacións -que se promoven en colexios ou asociacións- son o carballo, o castiñeiro, a abeleira, o ameneiro, o salgueiro, o freixo, o capudre, o espiño e o sabugueiro

A Semana forestal impulsada polo Goberno galego culminarase o sábado cunha plantación na Ínsua dos Poetas do Carballiño, tras levar a cabo outras en puntos como a localidade pontevedresa de Moraña ou a lucense de Begonte

Semana Escolar da Árbore e da Auga

Sete mil escolares ourensáns participan na oitava edición da Semana Escolar da Árbore e da Auga

No marco da celebración dos días mundiais da árbore e da auga, a institución provincial edita o conto “Alguén roubou o inverno”, escrito por Xosé A. Perozo e ilustrado por Viki Berre. Con material didáctico adaptado a Primaria, o alumnado traballará conceptos coma a seca ou o cambio climático

Desde a Deputación editouse o conto ilustrado “Alguén roubou o inverno”, escrito por Xosé A. Perozo e ilustrado por Viki Berre, cunha historia de ficción adecuada aos cursos de Primaria.