A Xunta renovou o 60% do parque de motobombas do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia dende o ano 2013, adquirindo un total de 94 vehículos ata acadar os 157 actuais. Así o destacou o subdirector xeral de Extinción, Fernando Veiga, que fixo entrega de seis novas autobombas a distintos distritos forestais, por un importe próximo aos 1,4 millóns de euros financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional -no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020- con fondos REACT-EU.
A entrega enmárcase na permanente aposta do Goberno galego pola profesionalización e mellora do operativo antiincendios, fomentando o seu carácter único e versátil tanto para a prevención como para a extinción. Especialmente deseñadas para combater o lume, estas motobombas teñen capacidade para 4.200 litros de auga e unha potencia superior aos 225 cabalos, ademais de estar equipadas cun sistema de protección perimétrica con dous circuítos independentes.
Nesa liña, cabe lembrar que neste ano 2022 a Xunta consignou 3,5 millóns de euros para a renovación e ampliación do parque móbil de extinción. A maiores, outros 2,1 millóns serán para adquirir vehículos para os axentes ambientais e, precisamente, en próximas datas farase entrega de 15 todoterreos destinados a estes efectivos. Mentres, outros 1,21 millóns de euros destinaranse a alugar 137 pick-up para as brigadas.
Por último, cómpre resaltar que todo o esforzo en medios terrestres de prevención e extinción levado a cabo pola Xunta se reforza co aproveitamento de novas tecnoloxías como os drons para a vixilancia, a disuasión e o apoio á extinción, ou o despregamento de cámaras fixas