Unitono

Noela Blanco reunese co comite de empresa de Unitono

A parlamentaria ourensá trasladoulles as traballadoras da empresa o “total apoio os paros que convocaron no día de hoxe e o compromiso que temos os socialistas ca súa causa, levando o tema o Parlamento"

Óscar Gómez

Ourense | 09.04.2019 09:19

Noela Blanco reunese co comite de empresa de Unitono
Noela Blanco reunese co comite de empresa de Unitono | Psoe ourense

A deputada do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia, Noela Blanco reuniuse esta tarde con representantes do comité de empresa de telemárketing Unitono para trasladarlles o compromiso do socialismo ourensán e galego ca súa causa, así coma o apoio total, esixíndolle á Xunta a garantía e mantemento dos máis de 130 postos de traballo que proporciona a empresa situada no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao. Cabe lembrar, que a deputada xa presentara o pasado venres unha batería de iniciativas para defender os dereitos dos traballadores da empresa de telemárketing que da servizo a Gas Natural Fenosa-Energy.

No encontro, celebrado na sede do PSdeG-PSOE Ourense na Ribeira de Canedo, estiveron presentes dúas representantes do comité de empresa, que está a loitar por evitar o peche e a marcha da empresa de Ourense. A deputada Noela Blanco expresou que o motivo da reunión “é amosarlles as traballadoras e traballadores de Unitono o total apoio os paros que convocaron no día de hoxe e amosarlles o noso compromiso total ca súa causa, apoiándoa e esixíndolle a Xunta respostas e solucións para evitar o peche da empresa”. Blanco defende que, “Unitono Servizo Externalizados, leva prestando servizos en Ourense dende hai máis de 10 anos, atendendo a atención telefónica dos clientes de Gas Natural Fenosa-Energy. Esta empresa, insistiu, da traballo a 130 traballadores, dos cales a gran maioría son mulleres”.

O seu peche, sinalou,“vai ser un duro varapau para más de 130 familias”. A deputada socialista amosa o seu apoio aos paros e mobilizacións promovidas polo Comité de Unitono Ourense para poder frear o intento de deslocalización da empresa cara Cataluña ou Colombia. “Este peche, ademais de deixar no paro a mais de 130 persoas, suporía unha grave redución na taxa de actividade e na taxa de ocupación”, recalca Blanco, que apunta que “esa redución suporía deixar a Ourense coa taxa de actividade máis baixa de España e Galicia situándose en 47,7%, máis de 10 puntos por debaixo da media española 58.6%”.