Un incendio arrasou esta tarde un cuarto piso fronte ó Estadio de O Couto (Ourense), provocando o desaloxo preventivo do inmoble.
O lume estivo localizado no número 4 da Praza da Chave, ó redor das 14.30.
O foco puido estar nunha das habitación, sorprendendo á parella de avanzada idade que ocupaba a piso.
Segundo testemuños non se decataron do incendio ata que foron advertidos por terceiros.
As lapas causaron graves danos no piso anque, por fortuna non houbo que lamentar desgrazas personais.
Os bombeiros tiveron que utilizar o camión con escala para sofocalo

