A CIG denunciou que a Policía Nacional usou en Ourense propaganda de Vox en charlas escolares, dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos.
A imaxe propagandista da formación de ultradereita iba sobre menores estranxeiros non acompañados e foi utilizada para ilustrar supostos debates sobre a liberdade de expresión.
O incidente segundo o sindicato nacionalista, do que se fai eco o dixital Galicia Press ocorríu a semana pasada en varios institutosda cidade, en charlas dirixidas a alumnado de terceiro e cuarto da ESO.
Preguntada a Subdelegación do Goberno por esta emisora explican que a sesión foi solicitada por un centro educativo e estivo centrada na prevención e detección de delictos de odio e que para elo a Policía Nacional elaborou e empregou material didáctico específico adaptado ó ámbito educativo. Por elo utilizaron unha campaña para explicar con claridade que conductas cruzan a liña delictuosa para que o alumnado as rexeite e denuncie.
Dende a delegación do Goberno piden prudencia e responsabilidade para evitar interpretacións erróneas.

