Ourense volverá a converterse no lugar de encontro para centros formativos, alumnado e familias coa II Feira “Educa Ourense”
Un proxecto que nace da colaboración entre a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e Expourense e que este ano reunirá, do 25 a 26 de marzo, a un total de 55 expositores para presentar a súa oferta formativa e profesional e facilitar unha axeitada elección na toma de decisións sobre o futuro profesional do alumnado
Este segunda feira permitirá “orientar ao alumnado nas diferentes opcións que teñen para continuar coa súa vida académica” e será tamén unha “boa ocasión” para poñer en común os diferentes proxectos nos que traballan os centros educativos neste momento”, salientou o vicepresidente segundo da institución César Fernández.
.

