Festivais

Espírito Ribeiro levará música, gastronomía e viño a Castrelo de Miño

A cita contará con Roi Casal e Jaime Urrutia entroutros

Paco Sarria

Ourense |

Espírito Ribeiro levará música, gastronomía e viño a Castrelo de Miño
Espírito Ribeiro levará música, gastronomía e viño a Castrelo de Miño | onda cero ourense

O Concello de Castrelo do Miño acollerá esta fin de semana unha nova edición do Festival Espírito Ribeiro que, a partires deste ano pasará a ser itinerante xunto ós concellos de Cenlle e Arnoia.

Trátase dunha cita na que maridarán música, viño e gastronomía, como salientou o director de Turismo de Galicia Xosé Merelles.

Ademáis dun mercado con productos de proximidade, daranse cita para a ocasión figuras musicais de renome como Julián Maeso, Jaime Urrutia, Gisele Jackson, Top Secret e Roi Casal.