CCOO considera que os datos da EPA son malos
Segundo CCOO, o emprego que se crea é a costa de destruír emprego estable e a tempo completo, substituíndose por emprego precario e sen dereitos, temporal, a tempo parcial e con baixos salarios
A EPA do IV trimestre do 2018 amosa algúns datos que poden semellar positivos, xa que si comparamos a taxa de paro (13,1%) coa correspondente ao III trimestre, baixa un 1,1%, pasamos de 18.600 persoas en situación de desemprego a 16.900. Pero si analizamos os datos comprobamos que ao mesmo tempo prodúxose unha caída da poboación activa de 1.100 persoas no mesmo período, pasamos de ter unha poboación activa de 130.200 persoas a 129.100. Si comparamos o IV trimestre do 2018 co IV trimestre do 2017, vemos como Ourense tiña 272.200 persoas de 16 anos ou mais, mentres que no 2018 se reduxo a 270.500 , os activos eran 130.200 por 129.100 en 2018, ocupados 112.400 por 112.100 no 2018, os parados 17.800 por 16.900 e os inactivos 142.100 por 141.400 (segundo fontes do INE). CCOO de Ourense non pode avaliar como positivos os datos da EPA publicados hoxe, xa que son uns datos aparentemente favorables, pero que agochan moitas sombras sobre o mercado laboral da provincia. Por unha banda, o aumento da actividade económica non se reflicte na creación de emprego estable; os picos de descenso do desemprego producense sempre coincidindo con actividades estacionais e céntranse no verán e no nadal. Por outra banda, o emprego creado segue a ser de moi baixa calidade coa maioría dos contratos temporais e a tempo parcial. Seguimos advertindo que o crecemento económico baseado na precariedade laboral é insostible. CCOO coida que os anos de aplicación de políticas de austeridade e reformas estruturais axudaron a tornar “crónica” a precariedade do emprego no noso mercado laboral. A precariedade laboral, ademais, conduce a unha vida precaria e menoscaba a dignidade das persoas, ao tempo que salienta que a precariedade trouxo consigo o fenómeno da pobreza laboral: traballar e ser pobre. Non podemos esquencer que Ourense, á maiores, está na cabeza do ranking das provincias cos ingresos mais baixos, tanto dos salarios, coma das pensións, das que dependen moitas familias. O paro de longa duración segue a ser un problema acuciante, ao tempo que a protección por desemprego cubre cada vez a menos xente o que causa estragos en moitos fogares ourensáns. Si a todo esto engadimos o grave problema demográfico que vimos padecendo dende hai anos, cun crecemento vexetativo negativo, a falta de investimento en infraestruturas e a incompetencia das administracións para atraer inversións industriais ou actividades con maior poder engadido á nosa provincia, o futuro non se presenta nada alentador, especialmente para a poboación mais nova que seguirá abadoando a provincia na procura dun futuro mais prometedor. CCOO demanda que recupere o papel do sector público galego na economía, que se aposte por un modelo produtivo industrial e de servizos de alto valor engadido e se poña as políticas de emprego e protección social ó servizo das persoas