Solidariedade

Caritas Ourense precisa máis respaldo social

Presentada a memoria do 2025

Paco Sarria

Ourense |

ONDA CERO ALMERIA
Las tasas de pobreza y exclusión social siguen creciendo | PIxabay

Cáritas Ourense tivo que botar man das súas reservas económicas para poder atender o ano pasado a 7843 persoas, destiñando a elo 3,2 millóns de euros e realizando 92 mil servizos de comedor onde viron incrementada a presenza de persoas en extrema vulnerabilidade.

A directora desta ONG, María Tabarés, sinalou a dificultade de acceso ou pago de vivenda como un dos grandes problemas, anque tamén advirte de que anque haxa menos desemprego, costa máis chegar a final de mes, como tamén que a saúde mental é xa en Galicia unha das principais razón de exclusión que, en Ourense é máis grave, polo avellentamento.

Outros datos de interese son que o programa de atención a maiores acompañou a 165 persoas das que un 86% foron mulleres e que o programa de acollida e inclusión atendeu a 2941 persoas, axudando a atopar emprego a 167 en colaboración con 61 empresas e con 49 empregadores particulares.