Datos Paro Abril'19

Baixa o paro na provincia, pero o emprego creado segue a ser temporal

CCOO cualifica de insostible un crecemento do emprego baseado na precariedade e na estacionalidade

Óscar Gómez

Ourense | 06.05.2019 12:33

pedro barreiros
pedro barreiros | onda cero

CCOO considera que estas baixadas no número de persoas en situación de desemprego que se producen coincidindo con actividades estacionais, non resolven o problema estrutural de fondo da nosa economía, nin resolve os problemas mais acuciantes da nosa provincia: empregos precarios e sen expectativas, pobreza laboral, emigración e envellecemento da poboación.

Como ven ocurrindo dende hai anos xa, o paro rexistrado baixa pero con emprego precario e de tempada, sendo que o 89% dos contratos asinados no mes de abril son temporais. A baixada do desemprego no mes de abril ven marcada pola estacionalidade da nosa economía, que nesta época inicia un ciclo de incremento no emprego debido a actividades de tempada e vinculadas, sobre todo, ao turismo, hostalería e comercio. CCOO vimos denunciando dende hai moito tempo a falta de interese pola nosa provincia amosada polos distintos gobernos e administracións que nos levaron ao bagón de cola do estado e calquera dos parámetros que analicemos.

Si a nivel xeral seguimos padecendo os efectos da reforma laboral do ano 2012, cuxa derogación seguimos esixindo, que só favorece o emprego temporal e maioritariamente a tempo pacial, a nivel mais local, CCOO consideramos que o único camiño para poder avanzar e mellorar globalmente e a captación de inversións industriais que podan ofertar postos de traballo de calidade, con estabilidade e salarios dignos, que axudaran a fixar poboación, evitando a emigración da mocidade, e xenerando riqueza e valor engadido, ao contrario do que ocurre coa economía baseada no comercio e na hostalería, que temos na actualidade. CCOO vai esixirlle aos distintos gobernos (central, autonómico e local) un compromiso coa nosa provincia para sacala do puzo no que as políticas aplicadas ata a data nos meteron, e chama a un gran pacto político e social para poder ofertarlle un futuro á nosa provincia e ás persoas que nela vivimos.