Atletismo

A marcha galega no cumio mundial

A marcha galega escribía esta fin de semana unha das páxinas máis importantes da súa centenaria historia.

Agencias

Ourense | 23.04.2024 09:31

A marcha galega no cumio mundial
A marcha galega no cumio mundial | Federación Gallega de Atletismo

Un total de oito metáis foi o balance histórico logrado pola marcha española nestes campionatos do mundo por equipos incliuindo os novos formatos por remudas que debutarán como novas modalidades en París-24.

O primeiro dos grandes logros viña da man do equipo feminino Sub20 dos 10 Km. no que a lucense Aldara Meilán tomaba parte como unha das atletas importantes da proba. A marchadora galega novamente daba mostras da súa enorme calidade, competindo con moita madurez e chegando ao último treito da proba no grupo de cabeza onde tan só cedería ante a atleta chinesa, líder mundial do ano, Yang . Meilán completaba os 10 Km. cun rexistro de 45:12 que representan ademáis, un novo record galego Sub20 e Sub23 que mellora os 46:21 que ela mesma tiña desde febreiro do ano 2023.

Si por si todo esto resultaba pouco, o equipo feminino absoluto participante nos 20 Km., lograba por conxuntos unha extraordinaria medalla de bronce sendo para elo decisiva a extraordinaria actuación de Antía Chamosa. A marchadora da Gimnástica, entraba na novena posición da xeral como segunda española tras Sánchez-Puebla, establecendo ademáis, outro fantástico récord galego absoluto cun rexistro de 1h.30:32 que pulveriza a súa anterior plusmarca autonómica lograda no Gran Premio Internacional Cantones de Marcha do ano 2018 de 1:44.00

A actuación galega completábase ca presenza da Xuíza internacional Dolores Rojas, sen esquecernos de Santi Pérez, o cal asume desde xa fai anos, a faceta de responsable técnico do Sector de marcha da RFEA.