Jóvenes Empresarios en la Onda

AJE Ourense descóbrenos máis posibilidades de emprendemento

Arquitectura, funeraria, alimentación e marketing non escapan das especialidades dos xóvenes empresarios ourensáns.

ondacero.es

Ourense | 09.08.2019 13:41

Jóvenes Empresarios en la Onda
Jóvenes Empresarios en la Onda | Onda Cero Ourense

Da man de AJE Ourense coñecemos o traballo de MCreativa, Artavia, Ouro de Cea e Polinexia Marketing. Detrás están catro xóvenes empresarios que nos achegan ao seu esforzo e constancia diarios, chave para o seu próspero futuro.

MCreativa, especialistas en arquitectura efímera

Miriam González leva preto de 20 anos no mundo do deseño de interiores, pero coa chegada da crise lonxe de dar un paso atrás, colleu impulso para abrir a súa propia empresa: MCreativa. E indo un pouco máis aló apostou por especializarse na arquitectura efímera, que consiste no deseño de espazos comerciais (normalmente efímeros) para feiras, como por exemplo pop-up stores, que duran só uns meses. “Son traballos que non son perdurables no tempo, pero que teñen unha esencia especial porque como sabes que non vai durar pos máis reforzo nos detalles”, comenta Miriam.

Igual que o sector foi mundando, tamén os estilos decorativos cambiaron moito nos últimos anos. Pero no traballo de MCreativa moitas veces é prioritario o gusto e a personalidade do cliente, fronte ás pasaxeiras modas. “O qué se leva e non úsase máis no tema de vivenda. Pero nós ó utilizar esta ferramenta creativa da arquitectura efírmea non nos deixamos guiar polos estilos, se non pola personalidade do cliente. Nós traballamos con empresas, e normalmente son moldeables, porque fíanse do noso criterio. En cambio os clientes particulares adoitan preguntar máis qué estilo se leva, cal queda mellor...”, explica.

E é que o deseño dun espazo é tan importante como o da nosa propia imaxe. “Igual que cambias de roupa ou de estilo de peinado é moi importante darlle un cambio aos espazos. Por exemplo, onde traballas é importante que fluia a enerxía ben”, concreta Miriam.

En canto á súa experiencia como asociada de AJE, confesa que se atopa moi contenta. “Son todo ventaxas. É un apoio ver a outras persoas que están na mesma situación ca ti, a veces estás desilusionada e atopas a outros que te animan”, conclúe.

MCreativa

Plaza Alferez Provisional, 2 (ao lado de Juan XXIII)

Tel. 697 45 23 08 - 988 061 941

www.mcreativa.com e Facebook

Artavia, fabricante e distribuidora de arcas e artigos funerarios

Óscar Rodríguez, con 28 anos agora, decidiu fai 5 emprender camiño empresarial en solitario e nun sector funerario. Guiado polo seu pai, o seu gran referente no traballo e na vida, que leva preto de 30 anos de traballo ás súas costas, Óscar comezou como comercial dunha empresa de Valencia, pero pouco a pouco tomou a determinación de camiñar só. “Madurei bastante rápido e iso axudoume a emprender o camiño, decidín desvincularme da empresa na que estabamos os dous de comerciais e decidín emprender eu só”, contounos. Así naceu en 2014 Artavia, empresa fabricante e distribuidora de arcas e artículos funerarios ao por maior.

A pesar da xuventude, esta firma xa se atopa entre as máis potentes do norte de España, cun stock entre 1.000 e 1.500 caixas mensuais. “Por sorte máis do 50% das nosas vendas son en Galicia e en Ourense traballamos co 90% das funerarias, pero o negocio quédase pequeno e temos que sair fóra. O norte de España é onde máis traballamos”, conta Óscar Rodríguez. En canto á especialidade de Artavia destacan os féretros, e principalmente seguindo un estilo tradicional. “A nosa especialidade é o féretro. Ao meu pai gústanlle os artigos funerarios, pero son moitos produtos, moitas referencias, e como é un terreo que non dou controlado ao 100%, eu centreime no féretro.

En canto á modernidade, este é un tema un pouco tabú para moita xente, e vender unha caixa vermella ou amarela non é o habitual. Ogallá se consiga ver como que é lei de vida, pero de momento da mal rollo falar disto”, explica.

Pero para chegar a destacar notablemente no sector Óscar ten claro que o traballo e a constancia foron chave, non obstante, tamén a axuda dos que tivo preto. “Agradezo á xente que me axudou. Sobre todo ao meu amigo Javier, porque os meus pais non tiñan medios económicos para axudarme cando comecei, e eu tiven unha gran sorte de ter a Javier, que é un anxo para min. Tamén aos meus proveedores Jose e Joaquín, que son agora socios meus noutro negocio, e son persoas moi importantes, porque fai falta un pouco de sorte e tamén un pouco de axuda e eu tiven moita”, confesa.

Por último, en canto a AJE, aínda que é dos últimos asociados en incorparse, ten moi boa opinión. “É unha opción moi interesante para a xente nova. É de gran axuda”, finaliza.

Artavia

Ponte Noalla, 28A

Tel. 988 103 671

www.artavia.es

Cea, terra de pan...e de aceite

Cando asociamos Cea coa alimentación vainos a mente ao magnífico Pan de Cea, pero dende esta terra prodúcense e comercialízanse outros produtos da máxima calidade.

Ouro de Cea foi a primeira marca delicatessen que Distribuciones Carlos Rodríguez puxo en marcha para levar ao mercado un gran aceite. “Eu son de Cea e seguindo unha liña paralela ao Pan de Cea, quería facer algo delicatessen e especial, e cheguei ao aceite. Non ten unha produción moi comercial porque ó ser aceituna manzanilla 100% estamos bastante limitados, e tamén é un prezo un pouco elevado, pero a xente que o ten está encantada con el e non o cambia”, confesounos Carlos.

Xunto a esta marca, tamén atopamos Bacelo do Mañé, un viño con historia. “O nome de Bacelo de Mañé é polo meu pai, polo mote que lle puxeron no pobo. Temos unhas viñas no Barco de Valdeorras e así comezamos co viño. Este ano sacamos por primeira vez un mencía e un godello, unhas 2.500 botellas. Pero xa levamos anos traballando cun crianza, fabricando 1.000 botellas. E todos están tendo moi boa aceptación”, explica.

Pero para acompañar ao viño tamén nos fán outra proposta gastronómica irrenunciable, paté de polbo á feira e de polbo con grelos. “Ambos están en tendas delicatessen e tamén en restauración, póñenos moito en forma de tostas”. E proximante esta empresa agarda comezar tamén a venda de marmeladas “artesanais e naturais”. “O noso obxectivo en todos os nosos produtos é sempre a máxima calidade”, detalla Carlos.

En canto ás vantaxes que lle achega a Asociación de Jóvenes Empresarios é claro, “aportan publicidade, enteraste de moitas cousas que polo ritmo de traballo pasan de longo, e ademais o lema é vello, a unión fai a forza”, remata.

Ouro de Cea

Faramontaos de Viña, 9 - Cea (Ourense)

Tel. 678710514

Facebook

Polinexia, a importancia do marketing para o comercio local

Polinexia Marketing, con Henrique García á súa cabeza, é un modelo de negocio B2B e B2C dirixido a empresas e profesionais interesados pola súa imaxe de marca, a comercialización dos seus produtos e a evolución do mercado.

“É un proxecto que lancei eu fai máis de 5 anos co obxectivo de democratizar o marketing. Viñamos dun mundo no que esta materia era cousa de grandes empresas e multinacionais, e naquel momento, en plena crise en Europa que lle estaba afectando moito ao comercio local de Ourense, da miña cabeza non saía a idea de que os pequenos comerciantes querían sobrevivir tiñan que ser competitivos e competir coas grandes empresas coas mesmas ferramenta. E para iso, ademais do traballo e o diñeiro, tamén son imprescindibles as estratexias, todo o que ti poidas desenvolver para promocionar o teu negocio e o teu produto”, explica Henrique.

Pero para os que o término negocio B2B lles resulte descoñecido, el mesmo nolo aclara. “Traballamos de igual a igual, de negocio a negocio, os meus principais clientes son outras empresas, administracións ou asociacións”, di.

Non obstante, para os profesionais do marketing semella que Ourense está a ser un mercado difícil. “Na economía ourensá hai necesidade, pero poucas empresas que queiran investir e iso nótalo cando chegas a unha empresa e lle explicas que o marketing é algo máis que facer publicidade. Normalmente os que te comprenden mellor son algúns empresarios que se actualizan día a día, a maioría cun perfil universitario ou empresarios novos, que entenden esta necesidade, e por iso moitas veces nos vemos obrigados a saír fóra porque é onde atopamos empresarios con esa mentalidade máis competitiva e consideran que o marketing é imprescindible para conseguir iso. Eu teño moitos clientes de Ourense e de Galicia, pero teño moitos compañeiros para os que o corredor Ourense- Madrid é o seu pan de cada día”, comenta Henrique.

Pero ademais de ofrecer servizo a empresas, Polinexia Marketing caracterízase polo traballo en colaboración con outros profesionais de sectores relacionados. “Polinexia pretende ser un proxecto co-working, pero en realidade eu son un promotor de marketing, fago traballos de comunicación ou de promoción comercial e o que fago é colaborar con outros profesionais, que son autónomos coma min, e cada vez que fago un cliente escoitamos o que o cliente precisa e elaboramos un proxecto adaptado ás súas necesidades”.

Por último, en canto a todos os beneficios que lle aporta AJE Ourense, Henrique confesa que a labor desta asociación “é imprescindible. Falamos da necesidade de colaborar, de que Ourense teña empresas competitivas a nival nacional e internacional, e AJE axuda a iso. Eu fai dous anos que me asociei e estou encantado. Realiza un traballo de promoción continua e preocúpase de que consigamos visualizarnos publicamente, de que nos relacionemos entre os socios e de que cheguemos a novos clientes”, conclúe.

Polinexia Marketing

Tel.639919648

hgarcia@polinexia.com

Facebook