Monforte na Onda 22/04/2016

Monforte na Onda 22/04/2016

Repasamos a actualidade máis próxima e entre outros asuntos hoxe entrevistamos ao alcalde de A Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, o fotógrafo Iván Álvarez Merayo, Marina Doutón, concelleira de cultura do concello de Monforte e a bibliotecaria de Sober Julia Fernández.

Monforte na Onda 21/04/2016

Monforte na Onda 21/04/2016

Falamos do incendio que tivo lugar en Escairón co xefe do parque comarcal de bombeiros de Chantada, Vicente Simón. Co Escolapio José González Martin, repasamos actos de homenaxe ao Pai Esteban Martínez e o editor José Luis Teófilo Piñeiro repasa o libro que van presentar este sábado na citada homenaxe. Son algúns dos asuntos de actualidade que repasamos no programa de hoxe.

Monforte na Onda 20/04/2016

Monforte na Onda 20/04/2016

A Ribeira Sacra ten elementos máis que xustificados para ser declarada Patrimonio da Humanidade. Apoiando esta declaración esta tarde "Julia en la Onda" emítese dende a Casa da Cultura de Monforte. Conversamos con Julia Otero sobre este programa especial pero tamén entrevistamos a Alexandra Seara, xerente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, a Fernando González da adega Algueira, e no espazo "Facendo Empresa" con María Abuín de "Máis que Románico".

Monforte na Onda 19/04/2016

Monforte na Onda 19/04/2016

Toñyto, mestre de vento metal no Conservatorio municipal de música do Concello de Monforte de Lemos, integrante do grupo Los Jinetes del Trópico preséntannos en Onda Cero Monforte o seu último disco. Falamos do Camiño de Inverno a Santiago con Aida Menendez Lorenzo e repasamos co vice presidente do Igape, Curro López, o acto que teñen preparado a última hora de hoxe en Monforte cos empresarios. Tamén entrevistamos a Manuel Silva, autor da escultura do Pai Esteban Martínez que se inaugura este sábado.

Monforte na Onda 18/04/2016

Monforte na Onda 18/04/2016

No programa de hoxe buscamos con Abel Veiga a última hora sobre a homenaxe que este sábado se prepara en Monforte o Pai Esteban Martínez. Manuel Varela de Abiga, falaranos do proxecto que van a poñer en marcha no Porto Seco de Monforte. Coa concelleira de Servizos Sociais, Gloria Prada, repasamos obradoiros que van a poñer en marcha no Centro Cívico a partir de maio. Repasamos iniciativas para poñer en marcha un novo grupo de desenvolvemento rural nesta zona sur con Martin Alemparte. E entrevistamos a voceira do grupo municipal do PP Julia Rodriguez.

Onda Cero Monforte 15/04/2016

Onda Cero Monforte 15/04/2016

Repasamos a actualidade máis próxima e este venres entrevistamos ao presidente da Sociedade Filarmónica, Antonio Prado, ao pintor pontevedrés Juan Ruiz e o director de cine Simón Casal.

Monforte na Onda 14/04/2016

Monforte na Onda 14/04/2016

Remataron as obras de renovación da rede de abastecemento nas rúas do entorno do Hospital Comarcal de Monforte. Repasamos qué se fixo conversando co alcalde José Tomé Roca. Entrevistamos a Miguel Pino, da Asociación de Veciños do citado barrio e tempo tamén, entre outras cousas, para conversar coa ilustradora Estefanía Padullés que ten unha exposición montada no Círculo Saviñao.

Monforte na Onda 13/04/2016

Monforte na Onda 13/04/2016

Hoxe preséntase en Monforte un prototipo da que será a futura bicicleta eléctrica feita por Bicicletas Integral e que presentarán por Galicia integrantes da Cooperativa Galega de Enerxía. Falamos desto no programa de hoxe. Entevistamos ao Deputado Celso Delgado para que nos explique unha iniciativa que leva ao Congreso sobre a A-76. Co alcalde de Pantón falamos da residencia que quere construir no citado concello e coa concelleira de cultura de Monforte do Certame Municipal de Teatro. No Espazo "Facendo Empresa" hoxe presentámoslle "Amorodos"

Monforte na Onda 12/04/2016

Monforte na Onda 12/04/2016

Abrimos programa con Ana Belén Fernández e Paulino Cadórniga de Némesis Creaciones. O documental que realizaron sobre ‪a ‎Ribeira Sacra‬ séguelle dando satisfaccións con novos recoñecementos. Co presidente do Craega, José Antonio Fernández Álvarez, repasamos a producción ecolóxica de Galicia. Entrevistamos a Francisco Almuiña e Diego Vázquez, novos membros da Asociación de Turismo Rural Ribeira Sacra, e a Emilio Nieves da Asociación Auxilia que prepara para o día 20 Festa Solidaria.

Monforte na Onda 11/04/2016

Monforte na Onda 11/04/2016

Falamos do crecemento experimentado pola producción ecolóxica en Galicia coa Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez. Co delegado de Patrimonio de Bens Inmobles da Diocese de Lugo, Miguel Gómez, repasamos actuacións que se van realizar no Conxunto Monumental de Diomondi. Co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, repasamos actualidade do concello Soberino e entre outros asuntos de actualidade, o Deputado Socialista Vicente Docasar, explícanos por qué pide no Parlamento Galego que se paralize a implantación da Lomce.