Monforte na Onda 23/05/2016

Monforte na Onda 23/05/2016

Entrevistamos á voceira do PP, Julia Rodriguez, que fai balance do primeiro ano de goberno socialista no concello de Monforte. Coa xerente do Consorcio Turístico, Alexandra Seara falamos das viaxes en globo que preparan pola Ribeira Sacra para o outono. Buscamos con Beatriz Vila, da Asociación de Hostalería, a última hora sobre o "Cumetapas" e conversamos tamén hoxe con Ana López Pardo, tesoureira de Auxila, agradecidos do apoio recibido o venres na cea benéfica que organizaron para recadar cartos para financiar as actividades da citada Asociación.

Monforte na Onda 20/05/2016

Monforte na Onda 20/05/2016

Contámoslle no programa de hoxe o resultado do Foro que sobre o Porto Seco se celebra esta mañá no Parador de Turismo de Monforte. Entrevistamos ao voceiro da Asociación de Veciños do Saviñao, Paco Nieves, en desacordo coa ubicación elixida en Escairón para contruír un novo Centro de Saúde. Desto falamos tamén co alcalde do Saviñao, Joaquín González. E entre outros asuntos, cóntanos o ex voceiro do PSOE en Pantón, Manuel Dacosta, por qué denunciaron irregularidades na redacción do PXOM. Unha denuncia sobre a que falamos tamén co rexedor pantonés.

Monforte na Onda 19/05/2016

Monforte na Onda 19/05/2016

Turismo de Galicia segue promovendo actividades formativas para os empresarios do sector. Hoxe mesmo a Delegada Territorial da Xunta inauguraba un en Monforte sobre como mellorar a calidade do destino. Conversaremos con Raquel Arias para que nos conte algo máis da iniciativa. Convidamos tamén hoxe ao programa a voceira do PP de Monforte, Julia Rodriguez, para repasar varias iniciativas que presentan no concello. Con Manuel Carballedo, traballador social de Afamon, falamos do taller interxeracional que hoxe preparan con alumn@s do Colexio Ferroviario e co director do Conservatorio Profesional de Música "Mestre Ibáñez" de Monforte de Lemos buscamos a última hora do I Concerto de Debutantes que programaron para este xoves en colaboración da Sociedade Filarmónica de Monforte.

Monforte na Onda 18/05/2016

Monforte na Onda 18/05/2016

No programa de hoxe falamos das xornadas de portas abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra coa coordinadora da Ruta, Marta Villén. O espazo "Facendo Empresa" adicámolo á Escola de Hostalería de Rosende e conversamos co profesor de servizos, David Cidre. Entrevistamos ao arqueólogo que dirixe as excavacións que a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica está levando a cabo en Castroncelos, A Pobra do Brollón, ao deputado socialista, Vicente Docasar Docasar, e o Doutor López Castro, do Servizo de Medicina Interna do Hospital Comarcal onde seguen con actividade formativa.

Monforte na Onda 16/05/2016

Monforte na Onda 16/05/2016

No programa de hoxe facemos balance da Mostra dos viños celebrada esta fin de semana en Pantón conversando co alcalde do citado concello. Coa concelleira de cultura do concello de Monforte repasamos actividades que preparan para celebrar mañá o "Día das Letras Galegas". Entrevistamos á nova presidenta provincial de Novas Xeracións, Rosa Arza e a Manolo Martínez, adestrador do equipo de cadetes do Clube Voleibol Ribeira Sacra que esta fin de semana conquistou o Campeonato Galego de Voleibol.

Monforte na Onda 13/05/2016

Monforte na Onda 13/05/2016

O canta autor monfortino Antón Valcarce visítanos hoxe para estrear na radio unha canción adicada a Manuel María como homenaxe ao poeta en vésperas da Festa das Letras. Conversamos tamén coa actriz Mayka Braña, madriña da VIII Edición do CumeTapas, que se presenta esta tarde. E entre outros asuntos de actualidade que repasamos no programa, conversamos tamén co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, sobre as moitas actividades que teñen preparadas para esta fin de semana.

Monforte na Onda 12/05/2016

Monforte na Onda 12/05/2016

Repasamos as noticias máis próximas e no programa de hoxe falamos das Olimpiadas Escolares Solidarias que se van celebrar o martes 17 de maio en Monforte conversando con Miguel Ángel López, representantes da ANPA da Fundación Educativa Torre de Lemos. Entrevistamos á historiadora Flora Enríquez para que nos conte o programa de actos das Xornadas do Románico que preparan en Pantón e coa educadora da Unidade Asistencial ao drogodependente de Monforte, Luisa Astray, falamos do obradoiro de vida saudable que organizan no Hospital Comarcal este venres.

Monforte na Onda 11/05/2016

Monforte na Onda 11/05/2016

Abrimos programa entrevistando ao músico Magín Blanco que presenta hoxe con Uxía, en Monforte, o espectáculo "Canta o cuco". Co escritor Lois Diéguez falamos do DVD que fixo sobre o "Manuel María viaxeiro" e, entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, no espazo "Facendo Empresa" hoxe coñecemos a historia de Panaderìa La Luna conversando con Aníbal Darocha.

Monforte na Onda 10/05/2016

Monforte na Onda 10/05/2016

Repasamos a actualidade máis próxima e en tempo de entrevista, falamos coa delegada da Asociación de Hostaleria para esta zona Sur, Bea Vila sobre o Cume Tapas que arranca este venres. Martin Alemparte, coordinador do novo GDR repasa proxectos do novo grupo e con Manuel García repasamos a última hora do Torneo Internacional Feminino de Golf que se celebra no Campo de Augas Santas.

Monforte na Onda 09/05/2016

Monforte na Onda 09/05/2016

Hoxe entrégase o premio "Monforte ao Ferrocarril" falamos co galardoado Miguel Rodríguez Bugarín e con Fermín Avellaneda, presidente da Asociación que convoca o premio, Amafer. Entrevistamos á coordinadora do "Correlingua", Andrea Martins, para coñecer algo máis dos obxetivos desta inicitiva que xunta en Monforte este luns a medio millar de estudantes de diversos colexios da zona sur de Lugo e mesmo de Valdeorras. E tamén conversamos coa adestradora do equipo infantil feminino de Voleibol Ribeira Sacra, Verónica Contreras e dúas das xogadoras, María Rodríguez e Nerea González, integrantes do equipo gañador do Campionato Galego.