Rubén López, ó Pontevedra, tras intentar o Deportivo mete-lo na operación do traspaso de Riki dende o Albacete
Rubén López acabará a temporada no Pontevedra. A semana pasada Antonio Hidalgo deu conta dunha conversa co xogador invitándoo a sair para ter minutos. O Deportivo mesmo llo ofreceu ó Albacete para abaratar o traspaso de Riki, xa o verán pasado o intentara con Genreau, pero o equipo manchego descartou esta opción. En Pontevedra coincidirá con Diego Gómez. Abegondo recibiu onte a visita de Escotet, non houbo conversa cos xogadores. En Abegondo o equipo xuvenil conseguiu o pase a cuartos de final de Copa ante o Raio Vallecano. O próximo rival será o Tenerife en terras canarias. E o Racing de Ferrol confirmou a fichaxe de Fabio González.
Rubén López, xogador do Deportivo, na Cidade Deportiva de Abegondo
