María Barral: "O Concello de Betanzos paga máis que a Xunta e o Goberno central xuntos para cumprir coa Lei de Dependencia"
María Barral visitou Onda Cero Coruña, coa felicidade de ter aprobado o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Pero amosouse crítica coa operatividade dos novos servizos de bus tra-lo cambio da empresa concesionaria por parte da Xunta. Pon a ollada nas problemáticas que xera entre usuarios como os estudantes. A alcaldesa fai unha valoración sobre o acordo acadado entre a Xunta e a Fegamp para incrementar de xeito gradual os fondos para o Servizo de Axuda no Fogar. Lembra a carga orzamentaria que veñen asumiendo concellos como Betanzos. De todo-los concellos da provincia, Culleredo queda fora por non ter presentado en prazo a solicitude. A Fegamp tentará presionar a Consellería de Política Social para que inclua a Culleredo e outros catro aconcellos que non presentaron solicitude.
María Barral, en Onda Cero Coruña, con Lara Vivero
