Temas

viaje exprés

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (19-01-2018)

Primeira viaxe deste 2018 que nos leva ata FITUR para presumir de Galicia co Cluster de Turismo e visitando as Illas Cies e a cidade da Coruña. Percorremos o mundo a través da radio na compañía dunha galega viaxeira: a escritora viguesa María Oruña.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (17-11-2017)

Viaxamos por Galicia desde Muras, na provincia de Lugo, ata Muxía, na provincia da Coruña, pasando por Compostela para organizar unha visita gastro-cultural con Rebeca Munín, directora da Revista Pincha. Polo mundo andaremos con dous galegos viaxeiros: Manu Lourenzo e Luís Pereiro, mestres no IES Luís Seoane de Pontevedra

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (10-11-2017)

Visitamos as provincias de Pontevedra, Lugo e A Coruña para percorrer a Ruta do Viño Rías Baixas, descansar nun entorno natural único no Bosque da Fervenza e desfrutar das citas musicais que ofrece Compostela esa fin de semana. De viaxe polo mundo andaremos con dúas galegas que aparcaron as súas vidas oficiais durante un ano para vivir entre Myanmar, India e Nepal: Miriam e Marta volveron, despois dun ano, facendo a ruta francesa do Camiño de Santiago

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (20-10-2017)

Este venres percorremos Galicia para desfrutar da paisaxe, a cultura e a gastronomía ao tempo que lle rendimos homenaxe trala vaga de lumes. Visítanos unha galega viaxeira que acaba de publicar o seu primeiro disco: Andrea Pousa. Estamos na Ribeira Sacra para participar na programación "A caída da folla", e no Grove para participar no showcooking solidario da man de Javier Olleros.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (13-10-2017)

Compostela, Nova York, Cangas, Cuba e Meis son os destinos escollidos para a viaxe deste venres en plena ponte festiva. Rebeca Munín, directora da Revista Pincha, fai con nós plans por Santiago comendo en A TAFONA de Lucía Freitas e visitando Nova York, onde a chef galega coordina a cociña dun restaurante galego. Ata Cuba nos leva a canguesa Sara Alfaya cunha carta familiar baixo o brazo

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (09-06-2017)

A viaxe comeza repasando a actualidade e visitando CAMBADOS: Capital Europea do Viño e tamén da igualdade grazas ás xornadas "A muller no mundo do viño" organizadas pola Deputación de Pontevedra. A entrevista desta semana ten como convidado ao fotógrafo Xurxo Lobato, con el viaxamos por Galicia e polo mundo. Completamos a ruta con Ana Otero e os seus "Murmullos entre maletas"

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (05-05-2017)

A nova "Estratexia do Turismo de Galicia 2020" centra a nosa atención ao longo do programa: coñecemos as liñas de traballo que sector e Xunta marcan como estratéxicas para posicionar á nosa comunidade como destino tranquilo e de calidade de referencia. No tempo da entrevista coñecemos a viaxe solidaria a Marrocos das ópticas galegas, Verónica Alfonsín e María López. Como cada venres marcamos axenda para a fin de semana e propoñemos unha viaxe express: as visitas guiadas da USC.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (28-04-2017)

Comezamos o programa coa actualidade da semana e as previsións do sector para a ponte de maio. No tempo da entrevista viaxamos polas cidades dos nenos co investigador e pedagogo italiano, Francesco Tonucci, e o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera. Ademais, visitamos a exposición "Imaxinar a educación. 50 anos de FRATO" no Pazo da Cultura de Pontevedra. Temos "cuchipanda", como cada último venres do mes, cos amigos de Polo Correo do Vento (Quique Mauricio e Carlos Taboada).

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (31-03-2017)

O último venres do mes tráenos cuchipanda on the radio con POLO CORREO DO VENTO (Quique Mauricio e Carlos Taboada). Percorremos Galicia no tempo da entrevista co fotógrafo Anxo Rial, autor da guía "Rutas con leyenda". Ademais, como cada venres, repasamos a actualidade da semana e facemos unha viaxe express: Sarria e a súa feira de antigüidades é a nosa proposta desta semana.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (24-03-2017)

O noso guía desta semana é un italiano afincado en Ourense que ten en Galicia a súa inspiración para a creación audiovisual: o director Simone Saibene. Repasamos a actualidade e facemos unha pequena viaxe express ata o Miradoiro de Pedra da Rá en Monte Castro (Ribeira). Para comer subímonos á food truck de "El chef nómada", e para durmir visitamos unha das casas con mellor puntuación en Booking.com de toda Galicia: A Casa do Batán en Chavín (Viveiro).