Temas

viaje exprés

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (17-03-2017)

Viaxamos por Galicia e polo resto do mundo guiados pola antropóloga física Olalla López Costas, unha galega viaxeira que grazas ao seu traballo tamén viaxa no tempo... Miramos ao mar para coñecer o proxecto dun galego afincado en Valencia: www.boatjump.com, e sobre o mar comemos en Oia degustando a lamprea no restaurante Faro do Talaso Atlántico. A viaxe express deste venres levounos ata o Quinteiro de Temperán no fermoso concello do Grove.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (10-03-2017)

Viaxamos polos cinco continentes coa viaxeira blogueira Sabela Montero, convidada deste venres no tempo da entrevista. De ruta por Galicia facemos parada en Chantada, abrindo as feiras do viño da DO Ribeira Sacra, e en Antas de Ulla para visitar o Pazo de Vilane e coñecer o seu concurso "1 idea, 1 árbol". Ademais, repasamos a actualidade turística da semana e facemos una viaxe express guiados pola Asociación Astronómica Sirio

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (03-03-2017)

Estreamos mes de marzo con novas propostas viaxeiras a cargo de Ana Otero desde o blog "Murmullos entre maletas": Baiona, Pontevedra, os últimos coletazos do entroido e Sintra nos esperan! No tempo da entrevista viaxamos polo mundo guiados polo gaiteiro Óscar Ibáñez e o seu disco "Alén do mar". Ademais, como cada venres, repasamos os principais temas de actualidade do sector e organizamos unha viaxe express que nesta ocasión nos leva a descubrir as novidades da Rúta do Viño Rías Baixas

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (24-02-2017)

Venres de cuchipanda on the radio con Quique Mauricio e Carlos Taboada (Polo Correo do Vento)! No tempo da entrevista viaxamos a Nápoles guiados polo galego Javier Montenegro: relátanos a súa aventura en bici desde a cidade italiana ata Gondomar. Para durmir escollemos Xinzo de Limia e a Casa do Mosteiro. E esta semana a viaxe express lévanos nun voo directo ata a Cidade Atlántica 2017: Las Palmas de Gran Canaria.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (17-02-2017)

Esta semana temos como guía a un cociñeiro galego do mundo que acaba de inaugurar novo restaurante en Valencia: Pepe Solla é o viaxeiro convidado da entrevista. Repasamos a actualidade e facemos unha pequena viaxe polo Ourense de Carlos Casares. Poñemos en valor o traballo das axencias de viaxe coñecendo o "Club de Viajeros" de Viajes Rascado con Sara Redondo e sentámonos en torno a un bo cocido con Alberto Ribas desde a organización do #CocidoDay

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (10-02-2017)

A actualidade da semana e unha viaxe express co amor como guía por Pontevedra abren o programa deste venres no que viaxamos polo mundo coa actriz, directora e fundadora da compañía VOADORA, Marta Pazos. Para comer imos primeiro aprender a cociñar cunha mestra viaxeira: Anna Mayer, á fronte de obradoiros de cociña no Mercado de Abastos de Compostela. E para descansar visitamos Sarria e o Hotel Alfonso IX, onde descubrimos unha exposición de arte itinerante

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (03-02-2017)

A actualidade da semana e unha pequena viaxe pola Pontevedra de Castelao abren o programa deste venres na que estreamos guía: Ana Otero estará con nós cada inicio de mes para coñecer os hábitos turísticos e os destinos máis recomendables. Este venres os hábitos de febreiro con "Xantar", o Cocido e o Entroido son os protagonistas, ademais de visitar Colonia en Alemania. No tempo da entrevista viaxamos polo mundo guiados por Xurxo Fernandes do grupo RADIO COS. E para descansar escollemos o Mosteiro de Aciveiro en Forcarei

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (27-01-2017)

Comezamos repasando a actualidade do sector e viaxando polo mundo guiados por Juan Teixeira, fotógrafo vigués que vén de colaborar co libro "A ruta dos refuxiados". A curiosa viaxe express deste venres dedicámola ao proxecto "Xuntos no Camiño". Estreamos voces viaxeiras para descubrir Galicia: cada último venres do mes irémonos de "cuchipanda" cos mozos de "Polo Correo do Vento" (Carlos Taboada e Quique Mauricio). Para descansar visitamos Vigo e un novo hotel no que aprendemos os conceptos econochic e smart sleep.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (20-01-2017)

Esta semana celébrouse FITUR en Madrid e centramos o programa en coñecer a presenza galega nesa Feira Interncional de Turismo. Guiados por promotores de eventos, presidentes de asociacións e diferentes administracións percorremos as Rías Baixas, a provincia de Lugo, a Costa Ártabra e a cidade de Ourense

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (13-01-2017)

Comezamos un novo ano no programa con moitas ganas de viaxar para seguir descubrindo Galicia e coñecendo galeg@s viaxeir@s que levan o nome de Galicia polo mundo. Este venres viaxamos coa cantante e produtora, Uxía Senlle. Facemos unha "curiosa viaxe express" percorrendo humidais para facer un censo da aguia peixeira coa Sociedade Galega de Ornitoloxía, comemos co cociñeiro Kike Piñeiro na Horta do Obradoiro (Compostela), e durmimos nun hotel con spa no corazón das Rías Baixas: Carlos I Silgar (Sanxenxo)