Susana Pedreira

PROGRAMA COMPLETO

02/06/2025 14:09

Más de Uno Pontevedra 02/06/2025

Abrimos o programa coa actualidade deste primeiro luns de xuño e conversando co director de Semana Verde, Ricardo Durán. Abrimos tempo de entrevista co produtor pontevedrés, Dani Froiz e, como cada luns, falamos de motor con Abel Millán e completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego".

A última e marchamos

29/05/2025 14:53

Pontenciencia: a investigación gañadora da familia Dalama Ave

Recibimos a visita dunha das familias gañadoras na última edición de POntenciencia: Familia Dalama Ave, Premio Marie Curie cunha investigación titulada “Os liques como indicadores da contaminación ambiental na cidade de Pontevedra 2025”.

PROGRAMA COMPLETO

29/05/2025 14:15

Más de Uno Pontevedra 29/05/2025

Abrimos o programa deste xoves coa actualidade do día e conversando co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela. Como cada xoves, recibimos a visita de Rodrigo Cota e tomamos a última antes de marchar: unha das familias gañadoras de Pontenciencia é hoxe a nosa convidada

PROGRAMA COMPLETO

28/05/2025 14:15

Más de Uno Pontevedra 28/05/2025

Abrimos o programa deste mércores coa actualidade do día e conversando co economista Juan Carlos Muñoz desde María Cobian y Asociados. Buscamos a previsión metereolóxica e falamos de saúde coa nutricionista Cristina Días Buceta desde a Clínica San Lázaro. Ademais, completamos o programa coa visita do colectivo +60 “De Vella a Bella” e estamos “Juntos con Vepersa”.