Temas

rosendo fernandez

Cultura

A programación do XVI Festival Internacional Rebulir é máis diversa, ampla e inclusiva

O vicepresidente da Deputación de Ourense participou na presentación e inauguración do certame no centro cultural “Marcos Valcárcel” que se celebrará do 16 ao 19 de decembro en Ourense, Celanova e Ramirás.

Os premios Rebulir da Cultura Galega 2021 recaeron en Xabier Díaz Carro (na categoría de Música Galega), no programa da TVG Xabarín Club (na categoría de Artes Escénicas), en Anxo Angueira (na categoría homenaxe), xunto á mención de honra que se fará durante a gala central, o vindeiro 18 de decembro, aos emigrantes retornados a Ramirás.