Reportaje

PROGRAMA COMPLETO

31/07/2025 14:09

Más de Uno Pontevedra 31/07/2025

Abrimos o programa coa actualidade do día, marcada pola moción de censura en Forcarei, e conversando co concelleiro de Festas de Pontevedra, Demetrio Gómez. Escoitamos o que a rúa responde, buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e recibimos a visita semanal de Rodrigo Cota. Ademais, completamos o programa co patrón maior da Confraría de Carril e visitando Bueu para coñecer todo o que o Festival Son Rías Baixas ofrece a partir de hoxe.

PROGRAMA COMPLETO

29/07/2025 14:18

Más de Uno Pontevedra 29/07/2025

Abrimos o programa pendentes dun incendio en Meaño e repasando a actualidade deste martes. Conversamos co alcalde de Cambados, Samuel Lago, e escoitamos o que a rúa responde. Buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e abrimos tempo de entrevista co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera. Ademais, completamos o programa cunha das artistas internacionais presentes na Bienal e tomando nota do ciclo de concertos "Con voz de muller" da man de Lara González e Saray Alvela.

PROGRAMA COMPLETO

23/07/2025 14:12

Más de Uno Pontevedra 23/07/2025

Abrimos o programa coa actualidade do día e visitando Moraña para coñecer a programación da Festa do Carneiro ao Espeto. Escoitamos o que a rúa responde e buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas. Falamos de saúde coa nutricionista pontevedresa Cristina Dias Buceta e recibimos a visita de “De Vella a Bella”. Ademais, completamos o programa cunha reportaxe de Lara González e Saray Alvela sobre os vintecinco anos da Asociación Ecoloxista Vaipolorío.