Radio local

Onda Cero Pontevedra

16/05/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (16-05-2018)

Comezamos o programa repasando a actualidade e conversando co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Estreamos nova sección para celebrar este "Maio, mes da lingua" paseando cos micros pola cidade: con Roberto Rivas facemos un roteiro coñecendo a historia dos oficios nos espazos públicos. Rematamos o programa coa visita da nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso.

Onda Cero Pontevedra

11/05/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (11-05-2018)

O pleno da corporación municipal de Pontevedra centra a nosa atención no comezo do programa. Ademais, repasamos a actualidade que nos deixa a semana e abrimos unha nova edición de ENREDADOS con Javier Arnau. Activamos a conta atrás para a carreira Ponle Freno en Pontevedra (30 xuño) coñecendo cada semanas aos protagonistas do "reto Onda Cero". Rematamos marcando AXENDA cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana que temos por diante.

Onda Cero Pontevedra

10/05/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (10-05-2018)

Os primeiros pasos do programa se centaron la folga das ambulancias na área sanitaria norte da provincia de Pontevedra e na crisis interna no BNG de Marín. Tamén, conversamos co alcalde de A Estrada, José López, para coñecer as novedades da Festa do Salmon. No espacio de Saude abordamos algunhas recomendación con Raquel Carragal, do centro de recuperación funcional Alaia. E pechamos o programa con Carmen Quinteiro que convirte todos os xoves nun día de conto.

Onda Cero Pontevedra

09/05/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (09-05-2018)

Comezamos repasando a actualidade da xornada e visitando Sanxenxo, o concello que volve liderar o ranking de bandeiras azuis en España. Na segunda parte do programa falamos da vida, de fútbol e de deporte en xeral con Rafa Cabeleira, o escritor e articulista estivo con nós en Cronopios presentando o seu primeiro libro "Alienación indebida". Rematamos na Gala dos Premios Martín Códax da Música que esta noite se celebra no Pazo da Cultura de Pontevedra

Onda Cero Pontevedra

08/05/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (08-05-2018)

Repasamos a actualidade do día, buscamos a predicción metereolóxica e conversamos co músico arxentino, Guillermo Fernández, unha das voces máis autorizadas no mundo do tango que por primeira vez visita Pontevedra e Galicia. No almorzo informativo, desde a Cafetería Moi Bo, convidamos ao alcalde de Pontevedra, Miguel A. Fernández Lores. E, como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións Cronopios.

Onda Cero Pontevedra

07/05/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (07-05-2018)

Comezamos repasando a actualidade do día e buscando a predicción metereolóxica para este inicio de semana nas Rías Baixas. Abrimos o espazo de motor semanal con Abel Millán e completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

04/05/2018 06:00

Onda Cero Pontevedra

04/05/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (04-05-2018)

Comezamos repasando a actualidade do día e da semana nesta xornada de venres. Marcamos unha completa AXENDA cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana que temos por diante coa visita do cantautor Gustavo Almeida. Ademais, abrimos unha nova edición de ENREDADOS con Javier Arnau e buscamos a predicción metereolóxica.

Onda Cero Pontevedra

03/05/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (03-05-2018)

A actualidade do día e a predicción metereolóxica centran a nosa atención na primeira parte do programa. Conversamos coa xornalista e guionista pontevedresa, Diana López, que este sábado estrea na Sala Karma a súa primeira curtametraxe: "Feminazi". Como cada xoves, abrimos espazo de saúde, hoxe convidamos ao doutor Jesús López Bande, especialista en nutrición, medicina biolóxica e envellecemento saudable. Rematamos o programa con Carmen Quinteiro nunha nova edición de xoves de conto.

Onda Cero Pontevedra

02/05/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (02-05-2018)

Comezamos repasando a actualidade do día e conversando co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Buscamos a predicción metereolóxica co anuncio dun novo anticiclón a partir de mañá e, co escritor e xornalista galego Juan Tallón, estamos entre micros e libros en Cronopios: "Salvaje Oeste" é a súa última novela coa que visitou Pontevedra.