Radio local

Onda Cero Pontevedra

22/08/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (22-08-2018)

Xornada na que continua o balance das festas da Peregrina. Nesta ocasión, o saldo da Policía Nacional deixa catro detidos. Hoxe, falamos co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Touris, sobre a situación dos lumes e o furtivismo, entre outros asuntos. No espacio Mulleres con Fondo coñecemos a experiencia de Lucía Vázquez, nutricionista y ciclista profesional de Pontevedra. Nos últimos minutos disfrutamos dun anticipo de Titirideza.

Onda Cero Pontevedra

21/08/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (21-08-2018)

Afrontamos, este martes, coa mirada posta nos sector turístico e boa ocupación deste mes de agosto. Deste e outros temas conversamos, na nosa Terraza de Veran, co alcalde de Poio, Luciano Sobral. Tamen, facemos un paseo polas condicións das praias das rías de Pontevedra e Arousa. E, rematamos, con recomendacións literarias de Cronopios e algunhas curiosidades protagonizadas por libros nas redes sociais.

Onda Cero Pontevedra

17/08/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (17-08-2018)

Analizamos a Operación Centinela contra os lumes forestais. Escoitamos a versión da Policía Local sobre os incidentes protagonizados por axentes que protestaban o día do pregón das Peregrinas e que foron acusados de rachar o acto. No eido máis social, coñecemos os pormenores dunha Gala Solidaria no Casino La Toja. E no último tramo do programa repasamos a axenda de ocio e cultura de sábado e domingo. ¡Bo fin de semana!

Onda Cero Pontevedra

16/08/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (16-08-2018)

Coñecemos parte da campaña do Partido Popular de Pontevedra que foi presentada hoxe polo seu presidente con dez propostas para construir unha ‘Pontevedra en positivo’, lema da iniciativa que s convirte na antesala das eleccións. No paseo de este xoves conversamos coa concelleira de Festas, Carme Dasilva. Outra semana máis temos a oportunidades de descubrir historias con Fondo da Ría de Pontevedra. Nesta ocasión, turno para Maite Méndez e Milagros Sanmartin do club de Baloncesto Arxil. E pechamos o programa escoitando ao volcalista, Juancho, e a música de Sidecars.

Onda Cero Pontevedra

13/08/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (13-08-2018)

Iniciamos a semana facendo balance do segundo fin de semana de celebración de peñas e o arranque oficial das festas das Peregrinas. Tamén, conversamos co secretario da UXT, Ramón Vidal, polos 130 anos do sindicato. Recibimos o colectivos Pedaladas. Repasamos as novas do motor e dentro do Ciclo de música Son&Sal (Paco y Lola) compartimos radio co duo ‘Vinseiro y Ginilo’.

Onda Cero Pontevedra

10/08/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (10-08-2018)

O clan dos charlines pasan por el xulgado, para prestar declaración, tras ser detidos con 27 persoas máis por intentar introducir un alixo de cocaína de 2,5 toneladas. Paralelamente, o colectivo Galicia Mellor sen Touradas entregou por rexistro casi 200.000 firmas contra o convenio do concello de Pontevedra coa praza de San Roque. Falamos dos arroaces que navegan próximos as praias da ría de Pontevedra e Arousa. E, como é venres, paseamos polas diferentes actividades de ocio e cultura da axenda de fin de semana.

Onda Cero Pontevedra

08/08/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (08-08-2016)

A Policía Nacional detivo, en Vilanova de Arousa, ao histórico patriarca do clan dos Charlines e o seu fillo por presunta relación cunha macrooperación de tráfico de cocaína. Prestamos máxima atención a esta nova. Tamen recibimos a visita de José Manuel Cores Touris, delegado territorial da Xunta en Pontevedra. Este mércores estreamos a sección Mulleres do Fondo da Ría: Mulleres con Fondo. Cristina Reino, jefa de secapasta de Ence, relata a sua experiencia vital. E aproveitamos os últimos minutos para falar da observación de perseidas.

Onda Cero Pontevedra

07/08/2018 06:00

Onda Cero Pontevedra

07/08/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (07-08-2018)

Continuanos, neste martes, prestando atención o PAC de A Estrada, onde falecia o fin de semana un veciño de 65 anos de idade na sala de espera; mentras, o médico de garda atendía unha urxencia fora do centro. Na Terraza de Veran conversamos co alcalde del Caldas, Juan Manuel Rey. Tamen, escoitamos a reivindicacións dos traballadores do concello. E, peche, descubrimos novas lecturas recomendadas pola librería de Cronopios.

Onda Cero Pontevedra

03/08/2018 06:00

Pontevedra en la Onda - Programa especial Festa do Albariño (03-08-2018)

Pechamos a semana cun programa especial dedicado a Festa do Albariño do Concello de Cambados. Descubrimos todas as actividades desta nova edición con Fatima Abal, alcaldesa de Cambados, e representantes dos sectores viticultor, enolóxico, comercial e cultural. ¡Boa fin de semana!

Onda Cero Pontevedra

01/08/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (01-08-2018)

Estreamos o mes de agosto e con moito calor. Consultamos a Meteogalicia as previsións sobre a primeira ola de calor do verán. Conversamos co portavoz da parroquia dos Praceres ante a a falta de execución dunha sentenza que obriga a Fomento a eliminar tres pasos a nivel. Recollemos a denuncia dos axentes da Policía que custodian a seguridade no xulgado. Aseguran que non perciben unha paga dende o mes de xaneiro. Otro sector: médico. Advirten que os centros de primaria están saturados por falta de personal. E, no remate, subimos o Tren Peregrino que fai o camiño portugués.