proyecto

Máis de Un Pontevedra

03/11/2022 14:20

Iván Puentes: "Traballamos nun pioneiro proxecto que permitirá controlar o rego de Valdecorvos e rematar cos asolagamentos en Fernando Olmedo"

O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, asegura que acabar cos recorrentes asolagamentos que se producen na rúa Padre Fernando Olmedo "é posible e tanxible" e a solución, que forma parte da estratexia de renaturalización e loita contra o cambio climático Pontevedra Flúe, "foi estudada e deseñada en colaboración coa Universidade". Trátase dun proxecto pioneiro que xa foi remitido a Augas de Galicia, que se atopa en fase de autorización e que permitirá controlar as crecidas do rego de Valdecorvos mediante a creación dunhas lagoas artificiais que asumirán e reterán o incremento de auga en momentos de alto caudal.

Máis de Un Pontevedra

25/10/2022 14:52

Iván Puentes: "A exposición Pontevedra Flúe é unha oportunidade para coñecer en detalle o modelo de cidade verde e azul no que traballamos"

Pontevedra Flúe reúne unha vintena de proxectos que suman 20 millóns de euros e que permitirán renaturalizar os ríos e espazos naturais. Todos eses proxectos, que conforman un modelo de cidade verde e azul, son agora difundidos entre a cidadanía pontevedresa a través dunha exposición itinerante que a concellería de Desenvolvemento Natural acaba de inaugura na Ponte do Burgo. Coñecemos todos os detalles en compañía co concelleiro socialista Iván Puentes