Presentación

Entre micros e libros

28/03/2023 14:42

Ismael Ramos: "Interésame moito o que nos impón o desexo, a tensión entre o que debemos querer e o que realmente queremos"

A nosa radio lectora volve a Cronopios para recibir a Ismael Ramos co seu primeiro libro de narrativa: "A parte fácil". Conversamos sobre a vida das personaxes secundarias que centran os seus relatos, sobre as culpas que conforman a nosa identidade, sobre o paso do tempo e ese futuro que neste libro case desaparece e toma a forma dunha parede. Ademais, Ismael cóntanos que nos vindeiros meses sairá a tradución do seu libro ao castelán e ao catalán, unha boa nova que celebramos desde a Librería Cronopios mentres nos despedimos soñando con ser lontras que se deixan levar pola corrente e nadan lixeiras río abaixo.

CON CAROLINA MARTÍN

21/03/2023 13:53

Más de Uno Ceuta 21/3/23

Podcast de Más de Uno Ceuta del martes 21 de marzo de 2023, con Carolina Martín

Entre micros e libros

07/03/2023 14:41

Arantza Portabales: "Esta sociedade ten unha débeda pendente con todas as vítimas dos delitos sexuais"

A nosa radio lectora volve a Cronopios para recibir a unha das autoras que máis veces nos visitou: Arantza Portabales. Falamos con ela da súa última novela, "O home que matou a Antía Morgade", unha nova investigación para Abad e Barroso. Estamos ante una novela incómoda na que a autora fala de abusos sexuais, de suicidio, de aborto, fala dunha sociedade que mira cara outro lado e dun sistema imperfecto.

PROGRAMA COMPLETO

07/03/2023 14:05

Más de Uno Pontevedra 07/03/2023

Abrimos o programa coa actualidade do día e buscando a previsión do tempo para as vindeiras horas. Como cada martes, volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal, hoxe a nosa convidado é a alcaldesa de Meis e presidenta da Mancomunidade do Salnés, Marta Giráldez. Ademais, completamos o programa desde a Librería Cronopios de Pontevedra coa escritora Arantza Portabales para presentar a súa nova novela: "O home que matou a Antía Morgade".