Pontevedra en la Onda

Onda Cero Pontevedra

16/05/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (16-05-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día e conversando co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. Ademais, marcamos unha axenda das Letras Galegas con Antonio Fraguas como protagonista. No ciclo de entrevistas persoais desde o Hotel Rías Bajas, hoxe citámonos con Rafa Domínguez, candidato do PP á alcaldía de Pontevedra. Como cada xoves, recibimos a visita de Carmen Quinteiro nunha nova edición de xoves de conto.

Jueves de Cuento

16/05/2019 06:00

Recetas para candidatos a la alcaldía: compromiso

Durante estas semanas de campaña electoral recetamos emociones, sentimientos y aptitudes a nuestros políticos. El compromiso ha sido el protagonista de este jueves de cuento con Carmen Quinteiro.

Onda Cero Pontevedra

15/05/2019 06:00

Pontevedra na Onda (especial Maio Mes da Lingua)

Neste podcast podes volver escoitar o programa especial desde o IES Valle Inclán de Pontevedra con motivo de "Maio, mes da lingua". Hoxe, da man da Concellería de Normalización Lingüística e con Antonio Fraguas como fío condutor, as protagonistas son a comunidade escolar, as nosas letras e a nosa lingua.

Onda Cero Pontevedra

14/05/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (14-05-2019)

Nunha nova xornada de campaña electoral, comezamos o programa coa actualidade do día e conversando con Alfredo Fernández, alumno do IES Sánchez Cantón que esta tarde modera un debate electoral con só 13 anos. Ademais, abrimos tempo de entrevista coa alcaldesa de Meaño, Lourdes Ucha, e, como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas de primavera con novas recomendacións Cronopios

Onda Cero Pontevedra

13/05/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (13-05-2019)

Comezamos a semana repasando a actualidade e buscando a predicción metereolóxica para as vindeiras horas. No tempo da entrevista poñémonos poéticos con Sheila Patricia e Diego Horschovski e, como cada luns, falamos de deporte, motor e seguridade viaria con Rubén Rey e Abel Millán. Ademais, completamos o programa coa mellor música nunha nova edición de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

10/05/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (10-05-2019)

Comezamos o programa coa actualidade deste venres e repasando as novas que nos deixa a semana que hoxe despedimos. Abrimos unha nova edición de ENREDADOS con Javier Arnau e buscamos a predicción metereolóxica. Completamos o programa marcando unha completa AXENDA cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana con paradas en Rodeiro, Lalín e Cerdedo-Cotobade.

Jueves de cuento

09/05/2019 06:00

Recetas para candidatos a la alcaldía: honestidad

La honestidad ha sido la protagonista de este jueves de cuento con Carmen Quinteiro. Durante estas semanas de campaña electoral recetamos emociones, sentimientos y aptitudes a nuestros políticos.

CONTA ATRÁS PARA O 26-M

09/05/2019 06:00

CONTA ATRÁS PARA O 26-M

09/05/2019 06:00

Tino Fernández: "Non teño ritmo ningún pero se chegamos a seis concelleiros bailarei unha bachata"

O candidato do PSdG á alcaldía de Pontevedra citouse con Susana Pedreira no Hotel Rías Bajas para una entrevista persoal. Sempre lle gustou moito a música pero confesa que é malísimo para o baile, aínda así bromea coa bachata que bailará na noite electoral se o seu partido consigue seis concelleiros. Ao longo da conversa coñecemos a un home que recoñece ter renunciado a moitas das cousas que o fan feliz por culpa da política: saír de cea, ir ver os partidos do Teucro, ler ou ir ao cine. Tino Fernández volve ser candidato á alcaldía de Pontevedra este 26 de maio e nesta entrevista podes coñecelo mellor.

Onda Cero Pontevedra

09/05/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (09-05-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día en conta atrás para o inicio da campaña electoral. No ciclo de entrevistas persoais desde o Hotel Rías Bajas, hoxe citámonos con Agustín Fernández, candidato do PSdG á alcaldía de Pontevedra. Ademais, como cada xoves, recibimos a visita de Carmen Quinteiro nunha nova edición de xoves de conto.

Onda Cero Pontevedra

08/05/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (08-05-2019)

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e pendentes do buque marinense "Portomaior" retido en Guinea. Buscamos a predicción metereolóxica e falamos da gala dos Premios Martín Códax da Música que esta noite se celebra no Pazo da Cultura de Pontevedra. Ademais, recibimos a visita de Raquel Pedrouso, coach de cabeceira do programa.