CONTA ATRÁS PARA O 26-M

Tino Fernández: "Non teño ritmo ningún pero se chegamos a seis concelleiros bailarei unha bachata"

O candidato do PSdG á alcaldía de Pontevedra citouse con Susana Pedreira no Hotel Rías Bajas para una entrevista persoal. Sempre lle gustou moito a música pero confesa que é malísimo para o baile, aínda así bromea coa bachata que bailará na noite electoral se o seu partido consigue seis concelleiros. Ao longo da conversa coñecemos a un home que recoñece ter renunciado a moitas das cousas que o fan feliz por culpa da política: saír de cea, ir ver os partidos do Teucro, ler ou ir ao cine. Tino Fernández volve ser candidato á alcaldía de Pontevedra este 26 de maio e nesta entrevista podes coñecelo mellor.