onda cero monforte

Monforte na Onda 29/12/2015

29/12/2015 14:26

Monforte na Onda 29/12/2015

O alcalde de Monforte perdeu no pleno de onte a moción de confianza que presentaba vinculada os presupostos municipais. A oposición dispón ahora dun mes de prazo para presentar unha moción de censura. De non presentala, os presupostos quedarán automaticamente aprovados. Falamos desto no programa de hoxe co alcalde José Tomé Roca. Entrevistaremos a integrantes do colectivo Lucecús, que preparan obradoiros de cantos de reis, e a membros da Asociación Santa Compaña que elaborou un documental sobre os "creadores" da zona, que presentan esta tarde, a partir das 20:15 na casa da cultura de Monforte.

Monforte na Onda 28/12/2015

28/12/2015 14:22

Monforte na Onda 28/12/2015

No programa de hoxe Maribel García, voceira de Esperta Monforte, repasará as mocións que leva ao pleno deste luns o seu grupo. Entrevistamos a David Vázquez director do documental "Asolagados" e falaremos tamén con Adrian Casanova da Asociación Náufragos do Paradiso que preparan asamblea para este mércores as 20:00h na Casa da cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte.

Monforte na Onda 24/12/2015

28/12/2015 10:00

Monforte na Onda 24/12/2015

Desencontro entre PSOE e BNG en Monforte a conta dos presupostos municipais. Entrevistamos ao alcalde socialista José tomé e coa voceira do BNG Pilar López. Falamos tamén este xoves día 24 desta cata que se prepara no Centro do Viiño da ‎RibeiraSacra‬ coa monitora da mesma Mercedes González e convesarmos cos integrantes do grupo The Poet's Silence que o luns 28 presentan novo disco.

Monforte na Onda 23/12/2015

23/12/2015 18:27

Monforte na Onda 23/12/2015

Este mércores falamos coa Delegada da Xunta, Raquel Arias, do "Viveiro de Empresas" que o goberno Galego aprovou para Monforte e comarca. Con Mario Poton, de Anova, falamos do resultado electoral de En Marea convertidos na terceira forza política da comarca de Lemos. Repasamos con Susana Fernández actividades da piscina municipal. Gonzalo Herrero falaranos do Festival de Nadal que a Escola de Música Moderna prepara para esta tarde e no Espazo "Facendo Empresa" hoxe descubrimos "Imaxinatia" cunha das responsables da iniciativa, Carmen Mira.

Monforte na Onda 22/12/2015

23/12/2015 17:46

Monforte na Onda 22/12/2015

Entre outras novas da xornada, repasamos como lle foi a estas terras do sur de Lugo no sorteo de loteria de Nadal e falamos da "Medea" que se representa este mércores en Monforte.

Monforte na Onda 21/12/2015

22/12/2015 12:20

Monforte na Onda 21/12/2015

Despois da xornada electoral vivida onte, hoxe toca analizar resultados e buscar valoracións e eso faremos no programa de hoxe con representantes políticos dos principais partidos.

Monforte na Onda 18/12/2015

18/12/2015 17:56

Monforte na Onda 18/12/2015

Este venres en Onda Cero Monforte xuntamos a candidatos dos tres partidos que tiveron representación no mandato que remata. Debatiron sobre pasado, presente e futuro, Dámaso López do PP, Ricardo Varela do PSOE e Rosana Prieto en representación do BNG.

Monforte na Onda 17/12/2015

17/12/2015 17:31

Monforte na Onda 17/12/2015

17/12/2015 17:31

Monforte na Onda 17/12/2015

As rúas de Monforte van volver ó século XVI cunha acción teatral que se prepara co grupo "Palimoquiños" para este sábado. Forma parte do programa de actos conmemorativos do IV Centenario da publicación de El Quijote. Falamos delo con Francisco Ruiz, da Irmandade da Ribeira Sacra que colabora co concello de Monforte na organización dos actos que repasamos deseguida. A entrevista electoral de hoxe será co candidato o senado do PP por Lugo, José Manuel Barreiro. Co alcalde de Monforte, José Tomé Roca, falamos do pleno extraordinario que se celebra en Monforte este xoves e repasaremos iniciativas solidarias que en favor de Cáritas se preparan en diversos ámbitos.

Monforte na Onda 16/12/2015

16/12/2015 19:23

Monforte na Onda 16/12/2015

Hoxe entrevistamos a Javier González, animador sociocultural do concello de Pantón que repasará actividades que preparan no citado concello para o Nadal. Despois das 13:00h Beatriz Franjo, no espazo "Facendo Empresa" explicará como naceu a súa iniciativa empresarial: "Diseño del Sabor". Entrevistamos tamén este mércores ao crego César Carnero, responsable de Patrimonio da Diócese de Lugo. Rematada a restauración do Pazo Bispal de Diomindi, toca ahora buscar utilidade ao inmoble restaurado. E o representante da UGT Mario Docasar, repasará datos de contratación na zona sur de Lugo.

Monforte na Onda 15/12/2015

15/12/2015 15:13

Monforte na Onda 15/12/2015

Hoxe preséntase a Mostra de Artesanía que arranca este sábado en Monforte. Falamos dela no programa de hoxe no que tamén adicaremos uns minutos a "Guía de Vinos, Destilados y bodegas de Galicia" que se presenta esta maña no Centro do Viño. Entrevistaremos aos promotores da publicación, Luis e Alejandro Paadín. Repasaremos tamén actividades de Nadal que se preparan no concello de Sober co alcalde, Luis F. Guitián e a entrevista electoral deste martes será coa candidata ao Congreso do PSOE por Lugo, Margarita Pérez Herráiz.