onda cero monforte

Monforte na Onda 14/12/2015

14/12/2015 19:49

Monforte na Onda 14/12/2015

Encetamos programa entrevistando ao monfortino Dani de la Torre. A súa primeira película "El Desconocido" acada oito nominacións para os premios "Goya" entre elas a de mellor director novel. Ademáis desto, no programa de hoxe falamos coa historiadora Manuela Sáez que coa filóloga Sonia López, comezan ciclo de charlas nos colexios de Monforte sobre o VII Conde de Lemos. Entrevistamos no espazo electoral deste luns á candidata de "Nós - Candidatura Galega por Lugo, Olalla Rodil, e falaremos tamén de iniciativas que para a promoción da Ribeira Sacra promove a Asociación O Sorriso de Daniel.

Monforte na Onda 11/12/2015

14/12/2015 18:37

Monforte na Onda 11/12/2015

En Onda Cero Monforte entrevistamos ao presidente do CRDORS, José Manuel Rodriguez. Hoxe inaugúrase o alumeado de Nadal en Monforte, Sandra Sánchez de "Iluminaciones Fernández" cóntanos como é o alumeado que colocaron este ano en prazas e ruas monfortinas. Falaremos coa directora de Albores, Elisa Sapia, da ornamentación que elaboraron para a árbores da casa do concello. Lucia Pérez preséntanos a panxoliña que está promocionando para estas festas e conversamos con Miguel Anxo Fernán Bello, candidato ao Congreso por Lugo de En Marea.

Monforte na Onda 01/12/2015

01/12/2015 18:49

Monforte na Onda 01/12/2015

Hoxe falamos co Director da Axencia Galega de Infraestructuras, Francisco Menéndez, da nova Vía de Altas Prestacións Sarria - Monforte que o venres quedou aberta ao tráfico na súa totalidade. É noticia tamén o Consorcio Turístico da Ribeira Sacra‬ que ven de aprobar 14 das 15 solicitudes presentadas por empresarios de hostaleria de diversos concellos da zona para estandarizar a imaxe das terrazas dos seus establecementos. Aprobaron subvencións por valor próximo aos 30 mil euros. Desto falamos co presidente do Consorcio, Luis Fernández Guitián. E o xerente do GDR Ribeira Sacra, Martin Alemparte fará balance da visita que representantes deste grupo fixeron a pasada semana a terras Extremeñas ao Xeoparque de Villuercas.

Monforte na Onda 30/11/2015

01/12/2015 14:31

Monforte na Onda 30/11/2015

Este luns entrevistamos en Onda Cero Monforte o Xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, que o sábado participou en Monforte dun acto, organizado pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra, no que falou do Plan Director do Camiño, sobre o que hoxe lle preguntamos. Faremos tamén balance da Cata de Viños "Patrimonio Ribeira Sacra" celebrada venres e sábado no Centro do Viño, con representantes dos organismos organizadores, José R.M. Mareque xerente do Centro do Viño e Luis Buitrón, presidente da Asociación Galega de Enólogos. Coa presidenta da Comunidade de regantes do Val de Lemos, Alicia Toirán, repasamos a asamblea que celebraron no día de onte.

Monforte en la Onda 27/11/2015

27/11/2015 17:50

Monforte en la Onda 27/11/2015

Programa especial sobre a Cata Concurso de Viños "Patrimonio Ribeira Sacra" con entrevistas os organizadores e a membros do panel de cata.

Monforte na Onda 26/11/2015

26/11/2015 15:39

Monforte na Onda 26/11/2015

Este xoves ás 19:00h arranca, na casa da cultura "Lois Pereiro", Foro Saúde. Ciclo de charlas que entre hoxe xoves e maña venres, organiza a Plataforma en defensa da sanidade pública de Monforte. Falamos cun dos conferenciantes de hoxe o doutor Fernando Gómez especialista en coidados paliativos no Hospital Comarcal.Tamén entrevistamos ao director do Hotel Golf Balneario Augas Santas de Pantón, Santiago Villanueva. Ana Belén Fernández e Paulino Cadórniga de Némesis Creaciones contaránnos como preparan a estrea este venres do premiado documental que fixeron para o Consorcio Turístico da Ribeira Sacra.Na recta final do programa escoitaremos a recomendación literaria da libreira Ada Agrasar

Monforte na Onda 25/11/2015

25/11/2015 17:44

Monforte na Onda 25/11/2015

Empezamos programa situados na rua Cardenal de Monforte cos actos organizados polo concello monfortino para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. No espazo "Facendo Empresa" conversamos hoxe con Juan Carlos Álvarez un autónomo con afán emprendedor que xunto coa familia rexenta en Monforte varios negocios. Na recta final do programa entrevistamos ao xerente do Centro do Viño da Ribeira Sacra, José Ramón M. Mareque, para falar da 2ª edición da Cata Concurso que organizan no Centro venres e sábado.

Monforte na Onda 24/11/2015

25/11/2015 10:32

Monforte na Onda 24/11/2015

25/11/2015 10:32

Monforte na Onda 24/11/2015

Entrevistamos este martes ao Conselleiro de Economía, Industria e Emprego, Francisco Conde. Encarna Lago, xerente da Rede Museística repasa actividades que hoxe teñen programadas no Pazo de Tor e repasamos iniciativas da asociación Amafer co seu presidente, Fermín Avellaneda.

Monforte na Onda 23/11/2015

23/11/2015 19:38

Monforte na Onda 23/11/2015

Entrevistamos este luns ao xerente do GDR Ribeira Sacra, representantes deste grupo marchan este martes a coñecer un xeoparque de Extremadura. Marina Doutón, concelleira da área da muller no concello de Monforte repasará actividades que preparan para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Repasamos actividades da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra coa presidenta da Asociación, Aida Ménéndez, e nenos da Fundación Educativa Torre de Lemos pasarán polos nosos estudos para falar da experiencia de entrevistar ao presidente da Xunta para a radio escolar que teñen no Colexio.

Monforte na Onda 20/11/2015

23/11/2015 19:11

Monforte na Onda 20/11/2015

Marisa Defente, integrante da comisión organizadora do Festival Solidario "Máis" que se celebra este sábado en Salcedo, A Pobra do Brollón, acompáñanos hoxe en Onda Cero Monforte. Tamén falaremos do Foro de Saúde organizado por PLADESAPU, das actividades musicais que se desenvolverán esta fin de semana en Sober, e da actividade formativa para fisioterapeutas que levarán a cabo o sábado e o domingo no Hospital Comarcal.