onda cero monforte

Monforte na Onda 14/01/2016

14/01/2016 14:51

Monforte na Onda 14/01/2016

Atopada morta a veciña que se buscaba no concello de Pantón. Danos máis datos o alcalde José Luis Álvarez. Entrevistamos ao analista Antón Losada que estará de conferenciante na Galería Sargadelos. "O Tablazo" que arranca hoxe, mañá estará acompañado de "Cantos de Taberna" . Fálanos delo a delegada da Aphel Bea Vila. E rematamos programa repasando novas do concello de Bóveda co alcalde, José Manuel Arias.

Monforte na Onda 13/01/2016

13/01/2016 18:16

Monforte na Onda 13/01/2016

Este mércores en "Facendo Empresa" coñecemos algo máis de Mieles Anta unha das maiores productoras de mel de Galicia que ten a súa orixe nestas terras do sur de Lugo. Conversamos a partir das 13:00 horas co seu promotor David Corral. Coa voceira do PP en Monforte, Julia Rodriguez, repasamos a moción presentada no concello na que pide esixir a Aqualia que cumpla contrato. E o deputado socialista Vicente Docasar repasará unha iniciativa que leva ao Parlamento reclamando a posta en valor da muralla de San Vicente.

Monforte na Onda 12/01/2016

12/01/2016 17:27

Monforte na Onda 12/01/2016

Unha avaría ten o tráfico sen regulación semafórica no centro de Monforte. Buscamos a última hora en conversa co alcalde, José Tomé Roca a quen preguntamos tamén polo corte no suministro de auga que padeceron veciños das rúas do entorno do hospital. Entrevistamos a Alicia Toirán, presidenta, ademáis da Comunidade de Regantes do Val de Lemos, da Asociación que veñen de crear para xestionar a Comunidade. Repasaremos co alcalde de Pantón como vai a búsqueda dunha muller extraviada nese concello. E a poucas horas de que na TVG se estrene o programa "A Vide de Cachín", convidamos ao adegueiro César Enríquez, co presentador do espazo, para que nos fale desta aventura televisiva.

Monforte na Onda 11/01/2016

11/01/2016 17:16

Monforte na Onda 11/01/2016

A delegada da Apehl para a zona Sur, Beatriz Vila, presenta en Onda Cero Monforte a campaña "O Tapazo". A voceira de "Esperta Monforte", Maribel García , explicaranos que recolle a moción que veñen de presentar no concello reclamando que o reparto de subvencións se faga con criterios "transparentes, rigorosos e obxetivos. Coa xerente do Consorcio Turístico da ‎Ribeira Sacra‬ falaremos, entre outras cousas, da ocupación turística no Nadal e buscamos a última hora sobre o paso de "La Vuelta a España" por estar terras do Sur da provincia de Lugo coa delegada da Xunta Raquel Arias.

Monforte na Onda 08/01/2016

08/01/2016 15:25

Monforte na Onda 08/01/2016

No programa de hoxe repasamos co alcalde de Monforte, José Tomé Roca a actualidade deste concello. Analizamos datos do paro co secretario local da UGT Mario Docasar, e entre outras cousas coa xerente do museo do Pazo de Tor, Encarna Lago, falamos dun obradoiro de fotografía que realizan hoxe no Pazo para persoas invidentes.

Monforte na Onda 07/01/2016

07/01/2016 18:41

Monforte na Onda 07/01/2016

Falamos dos 13 millóns de € que a loteria do Neno deixou en San Clodio cun dos agraciados, Roberto Castro, propietario do bar no que se venderon os 65 billetes premiados. Coa presidenta do CCU, María José Senra, repasamos campaña de Nadal e expectativas coas rebaixas e o filólogo Xosé Martínez, repasará efemérides locais para este 2016 recen estrenado.

Monforte na Onda 05/01/2016

05/01/2016 17:07

Monforte na Onda 05/01/2016

No programa de hoxe percorremos os concellos da zona sur de Lugo para falar das moitas actividades que hai preparadas esta tarde para recibir aos Magos de Oriente. Cabalgatas, obradoiros, chocolatadas...... de todo hai nesta xornada, véspera do Día de Reis.

Monforte na Onda 04/01/2016

04/01/2016 16:55

Monforte na Onda 04/01/2016

04/01/2016 16:55

Monforte na Onda 04/01/2016

Tivemos que esperar ata o día 4 para que nacese o primeiro bebe do ano no hospital comarcal de Monforte e esta maña naceron 2 un neno e unha nena. Falamos delo coa xefa de xinecoloxía do Hospital Comarcal Ana Casal. Coa chegada de xaneiro supéndense as viaxes en catamaran polo Miño e polo Sil ata marzo, explícanos por qué o delegado de turismo da Deputación Provincial de Lugo Eduardo Vidal. Mar Domínguez, xefa do parque comarcal de bombeiros, fai balance de como foi o ano 2015 e a concelleira de cultura de Monforte, Marina Doutón cóntanos como será a Cabalgata de Reis que se prepara para mañá.

Monforte na Onda 31/12/2015

31/12/2015 14:31

Monforte na Onda 31/12/2015

Recta final do 2015! Veremos no programa de hoxe que se comprou na praza para a cea de Fin de Ano. Meterémonos na cociña dalgúns restaurantes para ver que están a cociñar para esta noite. Entrevistamos ao músico José Luis Cofán que, co colectivo Lucecús prepárase para cantar os reis o domingo en Ferreira e a concertista Aida Saco Beiroa contaranos como lle foi onte ante o público Monfortino.

Monforte na Onda 30/12/2015

31/12/2015 10:06

Monforte na Onda 30/12/2015

Falamos do novo Hotel Cardenal, que abriu xa as súas porta en Monforte, co promotor e o director do mesmo, José Antonio Vázquez e José Manuel Antelo. Tamén entrevistamos ao investigador monfortino Héctor Gómez, homenaxeado hoxe na casa do concello e con directivos do Clube Lemos, repasaremos a campaña de captación de socios que poñen en marcha.